O sistema de escritura

O amárico escríbese co alfasilabario etíope (ፊደል 'fidäl' ou abugida). Os caracteres (ፊደል 'fidäl') teñen unha forma básica, na orde 1, que adquire diferentes diacríticos ou variacións para representar unha combinación de consoante máis vogal (por exemplo = hu), agás a orde 6, que pode equivaler á consoante soa (por exemplo = ou h ), e as dúas series (አ e ዐ) que representan a vogal soa.

Táboa de caracteres ('Fidäl')

(Descargar táboa completa en PDF)

orde 1 orde 2 orde 3 orde 4 orde 5 orde 6 orde 7
ä u i a e (ï) o
h
l
h
m
s
r
s
š
k'
b
t
č
h
n
ñ
vogal
k
h
w
vogal
z
ž
y
d
j
g
t'
č'
p'
s'
s'
f
p

Transliteración

Non existe un único sistema de transliteración da escritura etiópica ao alfabeto latino. O que se vai utilizar nestas páxinas é o que se recolle na táboa de arriba, que é o máis habitual entre os lingüistas que describen o amhárico. Pero nalgunhas obras utilízanse outras equivalencias:

  • A vogal da orde 6, representada aquí como ï reprodúcese en moitos estudos como ə (un e invertido). Este mesmo símbolo úsano outros para a vogal da orde 1 (ä), para o que alternativemente tamén se usa e. A consecuencia é que, ás veces, certas transliteracións non permiten reconstruir a grafía orixinal amhárica.
  • As consoantes palatais adoitan transliterarse cun diacrítico en forma de ángulo (č-š-ž), pero tamén se usan combinacións con h (ch - sh - zh), entre outras alternativas.
  • As consoantes exectivas ou glotalizadas translitéranse cun apóstrofo (k' - č' - t' - p' - s' ), ou alternativamente cun punto debaixo. A exectiva k' transcribese comunmente como q.

Referencias

Fontes (para escribir amárico no ordenador)

Referencias Internas


Grupo de Tipoloxía Lingüística (Universidade de Vigo) Última modificación da páxina July 02, 2008, at 01:15 PM