Na fonoloxía do amhárico existen 26 consoantes e 7 vogais. Nótese que algunhas consoantes poden escribirse de dúas e ata catro maneiras diferentes, sen que exista neses casos diferenza fónica.
Cadro de fonemas
Consoantes
(entre corchetes, o símbolo do Alfabeto Fonético Internacional cando é diferente da transliteración utilizada)
Bilabiais | Dentais | Palatais | Velares | Glotal | |
Oclusivas | |||||
- Xordas | p | t | č [ʧ] | k | |
- Sonoras | b | d | j [ʤ] | g | |
- Exectivas | pʼ | tʼ | č' [ʧ'] | kʼ | |
Fricativas | |||||
- Xordas | f | s | š [ʃ] | h | |
- Sonoras | z | ž [ʒ] | |||
- Exectiva | s’ | ||||
Nasais | m | n | ñ [ɲ] | ||
Lateral | l | ||||
Vibrante | r | ||||
Semivocais | w | y [j] |
Observacións:
- Consoantes exectivas: Son as máis diferentes das nosas, ao producirense cunha explosión despois de pechar a saída do aire. A distinción entre consoantes exectivas e 'normais' é importante porque permite diferenciar algunhas palabras. Por exemplo:
ነካ näkka 'tocou' | -- | ነቃ näk'k'a 'despertou' |
- Consoantes dobres: No amhárico hai palabras que se distinguen por ter unha consoante dobre (xeminada) ou simple. Esta distinción, que é importante ao falar amhárico, non se reflicte na escritura. Exemplos:
አለ alä 'dixo' | -- | አለ allä 'hai' |
ዋና wana 'natación' | -- | ዋና wanna 'importante' |
ይገባል yïgäbal 'entra' | -- | ይገባል yïggäbbal 'ten razón' |
Vogais
Anteriores | Centrais | Posteriores | |
Pechadas | i | ï [ɨ] | u |
Medias | e | ä [ə] | o |
Abertas | a |
Descrición dos sons do amhárico
son | grafía | translit. | descrición | exemplo | pronuncia de Dawit B.Z. |
[p] | ፕ | p | como o p de pao | ፖስታ posta, ‘sobre’ | |
[b] | በ | b | como o b de boca | በቀለ bäkk’älä, ‘brotar’ | |
[p’] | ጰ | p’ | exectiva bilabial | ጳጳስ p’app’as, ‘bispo’ | |
[m] | መ | m | como o m de mensaxe | መከረ mäkkärä, ‘aconsellar’ | |
[f] | ፈ | f | como o f de facho | ፈለቀ fälläk’ä, ‘brillar’ | |
[w] | ወ | w | como o w do inglés wall | ዋጠ watt’ä, ‘tragar’ | |
[t] | ተ | t | como o t de tarefa | ተከለ täkkälä, ‘plantar’ | |
[d] | ደ | d | como o d de diaño | ደረሰ därräsä, ‘chegar’ | |
[t’] | ጠ | t’ | exectiva dental | ጠረገ t’ärrägä, ‘varrer’ | | |
[n] | ነ | n | como o n de noite | ነደፈ näddäfä, ‘picar’ | |
[s] | ሰ ሠ | s | como o s de siso | ሰበረ säbbärä, ‘romper’ | |
[z] | ዘ | z | sonora, como o s do portugués coisa | ዘፈነ zäfänä, ‘cantar’ | |
[s’] | ጸ ፀ | s’ | exectiva: soa algo similar a ts | ጻፈ s’afä, ‘escribir’ | | |
[ʧ] | ቸ | č, c | como ch de chamar | ቸለሰ čälläsä, 'diluír' | |
[ʤ] | ጀ | j | similar o j do inglés John | ጀመረ jämmärä, ‘comezar’ | |
[ʧ’] | ጨ | č' , c’ | exectiva palatal | ጨረሰ č’ärräsä, ‘rematar’ | |
[r] | ረ | r | como o r de cores | ረዘመ räzzämä, ‘alongarse’ | |
[ʃ] | ሽ | š, sh, x | como o x de cervexa | ሸረበ šärräbä, ‘trenzar’ | |
[ʒ] | ዠ | ž, zh | como o j do portugués jornal | አታብዢ atabži 'non tanto" | |
[l] | ለ | l | como o l' de lúa'' | ለመነ lämmänä, ‘pedir’ | |
[ɲ] | ኘ | ñ | como o ñ do galego mañá | ተኛ täñña, ‘dormir’ | |
[j] | የ | y | como o i de saia | የለም yälläm, ‘non hai’ | |
[k] | ከ | k | como o c do galego catro | ከበበ käbbäbä, ‘rodear’ | | |
[g] | ገ | g | como o g do galego gato | ገረመኝ gärrämäñ, ‘sorprendeume’ | |
[k’] | ቀ | k' , q | Exectiva velar | ቀደደ qäddädä, 'arrincar' | |
[h] | ሀ ኀ ሐ ኸ | h | como o h do inglés 'hello' | ሐኪም häkim, ‘médico’ | |
Vogais | |||||
[i] | orde 3
ኢ ዒ | i | como o i de bico | ኪስ kis 'peto' | |
[e] | orde 5
ኤ ዔ | e | como o e de tres | ቄስ k'es 'cura, sacerdote' | mp3 |
[ɨ] | orde 6
እ ዕ | ï, ə | central, intermedia entre i, u;
máis pechada que a vogal da orde 1 (ä) | ምን mïn, 'que?'
ይህ yïh, 'este' | |
[ə] | orde 1 | ä, e | intermedia entre e, o, a;
similar ao er do inglés her; un pouco mais aberta que o e do francés le | ከብት käbt 'gando' | |
[a] | orde 4
ኣ ዓ | a | como o a de nada | ባል bal 'marido' | |
[o] | orde 7
ኦ ዖ | o | como o o de ollo | ጎርፍ gorf, 'inundación' | |
[u] | orde 2
ኡ ዑ | u | como o u de rúa | ጡት t'ut 'peito(s)' |
Referencias
- Learn Amharic - Entire Aleph-Bet Ethiopian Language Ethiopic(Video coa pronuncia de toda a táboa de caracteres)
http://www.dailymotion.com/video/x4gz4l_learn-amharic-entire-alephbet-ethio_school - Hayward, Katrina e RichardJ. Hayward (1999): "Amharic". Handbook of the International Phonetic Association. A guide to the use of the International Phonetic Alphabet. Cambridge, Cambridge University Press, pp. 45-50.