En amariña existen dous tipos de adposicións: as preposicións, que van diante do nome; e as posposicións, que van detrás. Véxase a continuación unha lista que contén algunhas delas, así como algunhas noción acerca do seu funcionamento.
Preposicións
As preposicións sitúanse sempre diante do nome. Se son monosilábicas -e, polo tanto, escríbense cunha soa letra-, sempre van prefixadas a dito nome; pola contra, se constan de varias sílabas, a prefixación é opcional, puidendo ocorrer tambén como unha palabra independente, aínda que sen deixar de preceder ó nome e sen variación de significado. Exemplo:
| ወደቤት |
| wädä-bet |
| cara a-casa |
| "Cara a casa" |
ou
| ወደ | ቤት |
| wädä | bet |
| cara a | casa |
| "Cara a casa" |
Listado das preposicións máis empregadas
| በ | bä | en, por, con, por medio de |
| ከ | kä | dende |
| እ | ï | en, a |
| ለ | lä | a, por |
| እስከ | ïskä | ata, por, entre |
| እንደ | ïndä | como, de acordo con |
| ወደ | wädä | hacia |
| ስለ | sïlä | sobre, por mor de |
| ስለዚህ | sïläzzih | así que, de modo que |
| በስተ | bästä | cara a |
Outros exemplos con algunhas preposicións
| ወሬውን | ለወንድሙ | መገረው |
| wäre-w-ïn | lä-wändïmm-u | mäggär-ä-w |
| nova-DET-OBX | a-irmán-POS+3MascSg | contar-3MascSg-OBX |
| "Contoulle as novas ao seu irmán" |
Postposicións
As postposicións son similares ás preposicións e os adverbios, pero colócanse despois do nome e non diante. As principais son:
| በኩል | bäkkul | con respecto a, na dirección de |
| በህዋላ | bähwala | despois |
| ታች | tač | abaixo |
| ላይ | lay | arriba |
| አጠገብ | at'ägäb | o carón de |
| ውስጥ | wïst' | dentro |
| ፊት ለፊት | fit läfit | fronte a |
