En amhárico algunhas conxuncións empréganse cunha forma particular do verbo. É así como algunhas conxuncións soamente funcionan co perfecto, co imperfecto ou co imperfecto relativo, mentres que outras poden acompañar a máis dunha forma verbal. En xeral, a maioría das conxuncións son partículas que se engaden ao verbo mediante prefixación.

Conxuncións que combinan co perfecto

As conxuncións que se empregan co perfecto son እየ ïyyä e ï

እየ ïyyä "mentres"

O perfecto que acompaña esta conxunción só se emprega na forma afirmativa, e o tempo depende do tempo do verbo principal. Esta combinación expresa estado simultáneo ou acción que dura o mesmo nos dous verbos ('mentras'), ou unha acción circunstancial.

ï "sempre que, só se"

Esta conxunción xunto a ድረስ dïräs ('ata') significa 'sempre que, só si'. A combinación é ï-perfecto-dïräs.

እናቱጋ እነበረ ዶረስ አልተቸገረም
ïnnat-u-ga ï-näbbärä-dïräs al-täčäggärä-mm
'só se queda coa súa nai, non terá dificultades'

Conxuncións que combinan co imperfecto

As conxuncións que combinan co imperfecto son , e ዘንድ zänd


Esta conxunción emprégase tanto co imperfecto afirmativo coma co negativo. Coa forma afirmativa expresa 'cando, mentras, para cando':

  • ሲመጡ እሄዳለሁ s-imät'u ïhedälläwh 'irei cando cheguen'

Cando acompaña unha forma negativa expresa 'antes, sen, a no ser que'. No caso de 'antes' debe seguirse de በፊት bä-fit.

  • እጅህን ሳትታጠብ አትብላ ïjj-ïh-ïn sattïttat't'äb attïbla 'non comas sen lavarte as mans'

Conxuncións que combinan co perfecto e o imperfecto relativo

Estas conxuncións son e ስለ sïlä

Conxuncións que combinan co perfecto, imperfecto e imperfecto relativo

As conxuncións que combinan con estas tres formas verbais son / , እንደ ïndä/ እንድ ïndï e እስከ ïskä/ እስክ ïskï. As primeiras formas combínanse co perfecto e o imperfecto relativo, mentres que as segundas co imperfecto simple.

Outras conxuncións


Grupo de Tipoloxía Lingüística (Universidade de Vigo) Última modificación da páxina June 01, 2010, at 07:07 PM