Resumo

ነው näw e አለ allä son os equivalentes aproximados dos verbos 'ser', 'estar', 'haber' e 'ter'. Utilízanse para expresar atribución, localización, existencia e posesión.

Atribución

Utilizaremos o verbo ነው näw, concordando en persoa, número e xénero co suxeito, e precedido dun nome ou adxectivo como atributo.

ተማርዎች ነን
tämari-wočč nän
estudante-PL ser-1Pl
"somos estudantes"

Localización

Para expresar localización no amhárico, utilízase o verbo ነው näw "ser". A función locativa ven determinada pola preposición prefixada a un nome lugar. No seguinte exemplo, nótese a presenza da preposición ï "en, a" co nome ክፍል kïfl "cuarto":

እክፍሉ ነው
ï-kïfl-u n-äw
en-cuarto-seu ser-3sgMasc
"Está (el) no seu cuarto"

Non obstante, tamén é posible expresar localización mediante o uso do verbo አለ allä, que coincide coa forma do que se emprega para expresar posesión, pero que se conxuga de xeito distinto, como se pode comprobar na táboa incuída máis abaixo.

አልማዝ እቤት አለች
Almaz ï-bet all-äčč
Almaz en-casa estar-3SgFem
"Almaz está na casa"

Existencia

O verbo አለ allä, tamén pode significar existencia se o suxeito é indefinido, e equivale ao verbo "haber":

በዚች ከተማ ብዙ ምግብ ቤቶች አሉ
bä-zzičč kätäma bïzu mïgïb bet-očč all-u
en-esta cidade moito(s) comida casa-PL haber-3Pl
"Nesta cidade hai moitos restaurantes (lit. "casas de comida")"

Táboas de conxugación

Verbo ነው

ነኝ näñ (eu) son/estou
ነህ näh (ti) es/estás (masculino e informal)
ነሽ näš (ti) es/estás (femenino e informal)
ነው näw (el) é/está
ነች / ናት näčč / nat (ela) é/está
ነን nän (nós) somos/estamos
ናችሁ naččuh (vós) sodes/estades
ናቸው naččäw (eles) son/están
ነዎ ou ነዎት näwo ou näwot (vostede) é/está (formal)
ናቸው naččäw (el/ela) é/está, eles son/están (formal)

Verbo አለ

አለሁ allähu (eu) son/estou
አለህ alläh (ti) es/estás
አለሽ alläš (ti) es/estás
አለ allä (el) é/está
አለች alläčč (ela) é/está
አለን allän (nós) somos/estamos
አላችሁ allaččïhu (vós) sodes/estades
አሉ allu (eles) son/están


Grupo de Tipoloxía Lingüística (Universidade de Vigo) Última modificación da páxina April 28, 2009, at 12:48 PM