Introdución

Para expresar posesión ou pertenza, temos nas linguas varias posibilidades. As máis importantes son:

  • Complementos nominais: O libro do estudante
  • Posesión persoal (Posesivos): O meu libro
  • Verbos de posesión: O libro é meu, Teño un libro

No amhárico, para expresar complementos nominais utilízase a construción co prefixo የ- (yä-). Para a posesión persoal pódense utilizar indistintamente adxectivos posesivos ou sufixos posesivos. Finalmente, non existe o verbo ter en amhárico, polo que utilizaremos en cambio diferentes formas do verbo "ser".

Complementos nominas: O prefixo የ- (-)

O prefixo የ- (-), aproximadamente equivalente a 'de', pode ser engadido tanto a nomes como pronomes para indicar posesión. O complemento (posuidor) sitúase sempre diante do nome ao que complementa.

የተማሪ መጽሐፍ
yä-tämari mäs'haf
de-estudante libro
= libro dun estudante

Nota fonolóxica

Ao engadir o prefixo - evitamos que queden dúas vogais xuntas omitindo ï no nome ou pronome, ou omitindo ä no prefixo se o nome comeza por unha vogal diferente de ï. Exemplos:

()
+ እኔ (ïne)
= የኔ yäne
(yä) + አባት (abbat) = ያባት yabbat

Posesión persoal:

Adxectivos posesivos

Os adxectivos posesivos fórmanse prefixando yä- 'de' aos pronomes persoais.
Exemplo: የ 'de' እኔ 'eu' = 'de min' ='meu'

የኔ yäne meu, miña
ያንተ yantä teu, túa (->masc)
ያንቺ yanči teu, túa (->fem)
የሱ / የርሱ yässu / yärsu seu, súa (del)
የሷ / የርሷ yässwa / yärswa seu, súa (dela)
የኛ yäñña noso, nosa
የናንተ yännantä voso,vosa
የነሱ / የነርሱ yännässu / yännärsu seu, súa (deles)
የርስዎ yärswo seu, súa (de vostede)
የርሳቸው yärsaččäw seu, súa (del [formal])

Exemplos

የኔ ልጅ yäne lïjj 'meu fillo'
የሱ መጽሐፍ yassu mäs'haf 'o seu libro'


Sufixos posesivos

Os sufixos posesivos equivalen aos adxectivos posesivos. Estes sufixos engádense aos nomes, sen ter en conta se o nome é masculino ou feminino, pero si indicamos na segunda e terceira persoa se o posuidor é masculino ou feminino.

1Singular
-e / ዬ -(y)e meu
2Sg Masc
-ህ -h teu, túa
2Sg Fem
-ሽ -š teu, túa
3Sg Masc
-u / -ው -u / -w seu, súa (del)
3Pl Fem
-ዋ -wa seu, súa (dela)
1Pl
-aችን -aččïn noso
2Pl -aችሁ -aččïhu (=-aččuh) voso
3Pl / 3SgFormal
-aቸው -aččäw seu, súa (deles, del [formal])
2Sg Formal -ዎ -wo seu, súa (de vostede)

Exemplos

ባቡረ babur-e
"o meu tren"
ፈረሶቼ "os meus cabalos"
färäs-očč-e
cabalo-Plural-meu
አባቱ abbat-u "seu pai" (o pai del)
አባትዋ abbat-wa "seu pai" (o pai dela)
እናቱ ïnnat-u "súa nai" (a nai del)
እናታቸው ïnnat-aččäw "súa nai" (a nai deles)
ቤትሽ bet-ïš "a túa casa" (ti feminino)
ቤትህ bet-ïh "a túa casa" (ti masculino)

Verbos de posesión

O amhárico non tén un verbo igual que o verbo 'ter'. A posesión exprésase por medio de verbos atributivos ou de existencia que significan 'ser', sempre co obxecto posuído como suxeito do verbo.

  • Se o obxecto posuido é coñecido (determinado co artigo -u) utilizaremos unha construción equivalente a 'X é de Y' co verbo ነው :
መጽሐፉ የኔ ነው
mäs'haf-u yäne näw
libro-o meu é
= o libro é meu
መጻሕፍቱ የኔ ናቸው
mäs'ahïf-t-u yäne naččäw
libro-Pl-o meu son
= os libros son meus
  • Se o obxecto posuído é indefinido, utilízase o verbo አለ allä 'ser', concordando co obxecto posuido e cos sufixos de obxecto para indicar o posuidor.
ልጅ አለኝ
lïjj all-ä-ñ
fillo ser-3sg-1SgObx
= 'fillo é-me'
=teño un fillo
ልጆች አሉኝ
lïjj-očč all-u-ñ
fillo-Plural ser-3Pl-1SgObx
= fillos son-me
= teño fillos
ልጅ አለው
lïjj all-ä-w
fillo ser-3sg-1SgObx
= fillo é-lle
=ten un fillo
ልጆች አሉን
lïjj-očč all-u-n
fillo-Plural ser-3Pl-1PlObx
= fillos son-nos
= temos fillos


Grupo de Tipoloxía Lingüística (Universidade de Vigo) Última modificación da páxina July 07, 2008, at 01:44 AM