Estas páxinas conteñen materiais relacionados coas Linguas do mundo e a Tipoloxía Lingüística destinados fundamentalmente aos estudantes da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo matriculados na materia Tipoloxía Lingüística.

O obxectivo principal destas páxinas é contar con algunhas descricións gramaticais que proporcionen exemplos para as clases teóricas de Tipoloxía Lingüística e, ao mesmo tempo, é un traballo colectivo dos estudantes do curso no que aplican á descrición das linguas os conceptos aprendidos.

Os visitantes tamén poden atopar aquí algunhas referencias xerais sobre as linguas e a súa estrutura e algunhas introducións parciais á gramática de diversas linguas, xunto con algúns textos ilustrativos. Moita da información recollida podería ser útil á calquera persoa interesada pola estrutura das linguas, pero dado que se utilizan en boa parte fontes secundarias recomendamos aos interesados que, se teñen ocasión, consulten as fontes que se citan. Os que queiran aprender a falar algunha das linguas descritas aquí deberían recurrir a métodos especializados de aprendizaxe.


Páxinas coordinadas por José M. García-Miguel