Voz activa e voz pasiva

No indonesio existen dúas voces para expresar as diferenzas de diáteses. Esas voces son a activa e a pasiva. No verbos transitivos meN- marca a voz activa, di- marca a voz pasiva.

Na voz activa topicalízase como suxeito a persoa ou cousa que fai a acción (o Axente) seguido do verbo en forma activa, co prefixo men-. O outro participante da acción, o paciente (P) exprésase como obxecto despois do verbo.

merekasudahmen-jemputTomo
elesPERFACT-atoparTomo
="eles atoparon a Tomo"

Na voz pasiva, o Paciente é seleccionado como suxeito, o verbo toma o prefixo di-, e o axente pode ser expresado tras o verbo precedido opcionalmente da preposición oleh

Tomosudahdi-jemputolehmereka
TomoPERFPSV-atoparporeles
="eles atoparon a Tomo"

Cos verbos ditransitivos o Recepto poder converterse en suxeito da pasiva [**exemplo**]

Observacións

A construción en pasiva é bastante frecuente en Indonesio A voz pasiva/obxectiva permite a omisión do suxeito e/ou do obxecto (elisións do nome ou do pronome) e benefician ó falante de dous xeitos:

1) Engade un sentido de cortesía ó preguntar.

Por exemplo, unha asistenta amable nunha tenda debe evitar o uso de pronomes:
Elipses do pronome (Suxeito e Obxecto): Bisa dibantu? // Inglés literal: Can + to be helped? // Inglés correcto: Can (I) help (you)?

2) Cando o suxeito non se sabe, non é importante ou se insinúa polo contexto.

Por exemplo, un amigo podería preguntarche cando compraches a túa propiedade, ao cal poderías responder:
Elipses do pronome (Suxeito implícito): Rumah ini dibeli lima tahun yang lalu // Inglés literal: House this + to be purchased five year(s) ago // Inglés correcto: The house was purchased five years ago.

Transitivización

O sufixo -kan pode servir para formar os verbos causativos, ou con valor aplicativo para seleccionar como Obxecto primario un Beneficiario ou un Instrumento. O sufixo verbal -i permite seleccionar un Locativo como Obxecto primario

Diátese causativas (-kan)

Diátese aplicativa benefactiva (-kan)

Diátese aplicativa instrumental (-kan)

Diátese aplicativa locativa (-i)