Características xerais

  • Orde dos constituíntes VSO.
* Con todo, moitos verbos fórmanse perifrasticamente usando un verbo auxiliar. Neste caso, só o verbo auxiliar precede o tema, mentras que o principal vai despois do suxeito.
Va ny eayin gee yn conney.
Estaban os años comendo o toxo. (Os años comían no toxo).
AUX+SUX+VRBO PRINCIPAL+OD
  • É considerada activo-inactiva. É dicir, cunha ergatividade escindida. Ó igual ca no irlandés, só nos tempos de perfecto actúa como unha lingua ergativa (marcados co er no suxeito) e no resto dos tempos verbais como lingua nominativo acusativa:
Va mee tilgey ny claghyn.
Estaba+eu+lanzando+as+pedras (Eu estaba lanzando as pedras).
Ta mee er tilgey ny claghyn.
Estiven+eu+ERG+lanzando+as+pedras (Eu estiven lanzando as pedras).
  • A cópula. Nas linguas goidélicas (de xeito semellante o galego ou castelán co ser/estar, p. e.) hai dúas formas para describir que ou quen é alguén/algo, en oposición a como e onde. As dúas formas son:
*A cópula. Úsase cando o atributo é un substantivo (ou unha frase nominal). Normalmente exprésase nas clausulas independentes coma is, she ou by (según contexto) e coma nee, re ou by nas dependentes.
->Is/She Manninagh mish
->COP+manés+min (Son manés)
->Cha nee mish eh
->NON+COP+min+el (Non son el)
*O verbo bee, que se usa no resto dos casos.
-> T' eh dy mie
-> bee(3s)+el+ben (El está ben)