O manés é unha lingua flexional.
O xénero dos nomes indícase mediante sufixos, -an, -ys para o masculino e en nomes femininos bisílabos con -ag, aght. Tamén se determina o xénero usando a partícula «fer» 'home', «ben» 'muller'; así, «fer-obbe» é 'bruxo' e «ben-obbee» 'bruxa'; «jee» 'deus' e «ben-jee» 'deusa'. A pesar desta última peculiaridade, cómpre salientar a preferencia polos sufixos, xa que o uso de prefixos é moito menor.
Respecto ó número, nos nomes o plural sinálase co sufixo -yn (gaélico -an), deste modo: «creg» 'rocha', plural «creggyn»; «awin» 'río', plural «awinyin»; «coo» 'can', plural «coyin».
Os verbos do manx forman xeralmente as súas formas finitas por medio de perífrases. Así nunha ollada moi simple temos:
Tempo | Forma perifrástica |
Presente | ta mee tilgey (eu lanzo) |
Imperfecto | va mee tilgey (eu lanzaba) |
Pluscuamperfecto | va mee er tilgey (eu estiven lanzando) |
Neste cadro, temos «tilgey» 'lanzar', mee 'eu' e os «ta», «va» e «er» que marcan o tempo.