I Introdución
O manés ou manx (en manés Gaelg Vanninagh ou Gailck Vanninagh) é unha lingua celta falada na illa de Man, unha pequeña illa do Mar de Irlanda que constitúe unha dependencia autogobernada da Coroa Británica que non pertence ó Reino Unido. O último falante nativo desta lingua, Edward "Ned" Maddrell, era un mariñeiro que morreu en 1974. Hoxe en día estase a recuperar a lingua gracias a unha política lingüística moi favorable ó ensino en manés e a creación de organismos e entidades coma a Yn Cheshaght Ghailckagh (Sociedade para a lingua manesa). De xeito nativo é falada por un feixe de nenos que ronda sobre as catro ducias. Coma segunda lingua fálano unhas 1700 persoas un 2,2% da poboación. Estes datos son de 2001. E no 2003 comezouse a impartir de xeito oficial nas escolas, institutos e universidades. Nalgúns casos coma primeira e única lingua (na Bunscoill Ghaelgagh, por exemplo). Cabe destacar a creación das Mooinjer veggey (literalmente, «a xente pequena») unha rede de garderías onde se lle ensina manés e inglés ós nenos dende moi cativos. A lingua manesa é oficial na Illa de Man. Está regulada polo Coonseil ny Gaelgey (Consello da Lingua Manesa). E a comezos do século XXI xa se empeza a usar de xeito oficial, aínda que moi escasamente, no Tynwald (en manés Tinvaal, que isto ven sendo As Cortes da Illa de Man). Estas accións, especialmente as do plano educativo, están sendo vitais para a resurrección do idioma manx. A cal pode darse por revivida. Agora vén a difícil tarefa de revitalizala e normalizala.

Situación da Illa de Man respecto das Illas Británicas.
II Filiación xenética
O gaélico manés é unha lingua goidélica. É dicir, un subgrupo das linguas celtas que é formado polo gaélico manés, gaélico escocés e gaélico irlandés. Este grupo tamén é chamado celta-Q (en contraposición ó celta-P). O nome e clasificación veñen dadas a que o son proto-celta [kw] foi orixinalmente retido neste sub-grupo (sen esquecer ó celtibérico que tamén é celta-Q). As linguas goidélicas modernas (manés, irlandés e escocés) veñen todas do irlandés medio. Do cal o manés separouse no século XIII. Subindo un chanzo máis estaría o grupo das linguas célticas insulares (que además das goidélicas inclúe ó galés, córnico, cúmbrico é bretón). E que, basicamente, forman todo o paradigma actual das linguas célticas (xa que as continentais están mortas). As características máis salientables das linguas celtas, e que as distinguen das linguas veciñas, son: a) as claúsulas sempre comezan con verbo (e sempre debe estar presente) seguindo este esquema: PRDO+SUX+COMPL, b) a preposición flexionada, c)unha mutación consonántica «a lenición céltica» ou d) a numeración vixesimal.
Cómpre dicir que o manés difire das outras linguas celtas goidélicas, nunha primeira e laxa impresión, por ter unha grafía fundamentada no inglés e non noutros idiomas celtas. E por ter tanto léxico do irlandés antigo, que non teñen outras linguas goidélicas, coma léxico máis moderno do gaélico escocés. Sen esquecermos das influencias escandinavas que semella que hai no léxico da lingua.
III Dialectoloxía

Mapa dialectal do Manx
A panorámica do mapa dialectal do manés resulta sinxela: un dialecto ó norte-centro e parte do oeste da illa e outro ó sur da illa. Incluíndo este último ás illas do suroeste: Yn Cholloo, Carrick ny Kirkey e Famman Kitterland. De aí que a veces apareza chamado como dialecto do suroeste. Quedando así unha zona da illa fóra do dominio do manés e que separa a ámbolos dous dialectos. Esta zona vai da costa oeste á leste atravesando toda a illa. Alargándose segundo nos achegamos á zona leste, onde se atopa a capital Ghoolish (Douglas no mapa).
A escaseza de estudos non nos permite confiar moito no mapa. Pero si nos vale para que nos fagamos unha idea do dominio lingüístico do manés. Aínda é cedo para trazar unha serie de isoglosas máis ou menos definitivas, como tamén é cedo para saber se só hai eses dous dialectos ou podería xurdir no futuro algún máis. Sexa como for, o feito de que a lingua manx está nun proceso de revitalización/resurrección non fai máis que botar interrogantes ó asunto. Pero é innegable que no ámbito do manés hai, alomenos, dúas variantes ben diferenzadas. Como xa dixen antes, a falta de estudos non nos permite facer unha análise clara das diferenzas totais entre unha fala e a outra.
Con todo, están xa recollidas unha serie de diferenzas de carácter vocálico entre as dúas variedades. Coma por exemplo a tendencia á monotongación no sur antes de <nn> no canto da ditongación norteña. Así temos: kionne (cabeza) pronunciado [kʲaun] no norte e [kʲo:n] no sur. No aspecto consonántico a diferenza máis relevante é a da tendencia meriodional de perder a oclusiva velar frouxa [g] ante [lʲ]. No canto da postura máis arcaica e conservadora do norte. Que é manter o [g]. Deste xeito, glion pronunciado [ɡlʲɔd̆n] no norte e [lʲɔd̆n] no sur.