Clasificación xeral

A lingua turca é unha lingua aglutinante que se basea nun sistema de sufixos e infixos engadidos á raíz das palabras, isto permite expresar unha gran cantidade de significados con poucas palabras. Outras características do turco son que ten unha total ausencia de xéneros gramaticais e que a súa gramática non adoita ter excepcións, as poucas que hai son por mor da orixe estranxeira das palabras.