Sistema vocálico
O sistema vocálico do turco é un sistema de oito vogais definifas por tres oposicións: posterior/non posterior, alta/non alta e redondeada/non redondeada.
Sistema vocal:
AFI | Descripción | Ortografía turca | |
i | Vocal cerrada anterior no redondeada | i | |
y | Vocal cerrada anterior redondeada | ü | |
ɯ | Vocal cerrada posterior no redondeada | ı | |
e | Vocal semicerrada anterior no redondeada | e | |
œ | Vocal semiabierta anterior redondeada | ö | |
a | Vocal abierta anterior no redondeada | a | |
o | Vocal semicerrada posterior redondeada | o | |
u | Vocal cerrada posterior redondeada | u |
O AFI representa as vogais turcas no seguite recadro: Attach:cadro.png Δ
Sistema consonántico
Fonemas segundo o Turco estándar:
Labial | Labiodental | Dental | Alveolar | Postalveolar | Palatal | Velar | Glotal | |||
Oclusivas | p / b | t̪ / d̪ | c / ɟ | k / g | ||||||
Nasais | m | n | ||||||||
Fricativas | f / v | s / z | ʃ / ʒ | / ɣ | h / | |||||
Africadas | ʧ / ʤ | |||||||||
Vibrantes simples | ɾ | |||||||||
Aproximantes | j | |||||||||
Aproximantes laterais | ɫ | l |
- O fonema /ɣ/, representado no turco como "ğ" (g suave), é un son bastante débil que se articula como velar anterior ou como aproximante anterior cando vai entre dúas vogais anteriores. Nunca vai ao comeza dunha palabra e sempre segue a unha vogal. Cando vai ao final de palabra ou vai seguido doutra consoante, alonga a vogal que lle precede.
A SÍLABA
A maioría das sílabas do turco conteñen unha soa vogal. Só en préstamos aparecen dúas ou máis. As combinacións máis comúns na sílaba son VC (at “cabalo”) e CVC ( güz “outono”). En menor número temos CV (su “auga” - aínda que cando engaden un sufixo precisan doutra consoante de enlace), VCV ( ile “con”), VCC (sert “duro”) e CVCC ( genç “novo”). As vogais poden formar sílabas elas soas pero combinadas cun sufixo engaden unha consoante. Case a totalidade das palabras que na lingua turca teñen máis dunha sílaba son derivadas. Dúas consoantes seguidas en posición inicial só aparecen en préstamos ( spor “deporte”) aínda que algúns falantes introducen na súa pronuncia un /i/ antes ou entre as consoantes. En cambio si son comúns as agrupacións de consoantes ao final de palabra (ilk “primeiro”, baht “sorte”)
CAMBIOS FONOLÓXICOS POLA SUFIXACIÓN
Nalgúns contextos a adición dun sufixo provoca cambios na última vogal ou consoante da raíz. Algúns, como os seguintes, só afectan a determinadas palabras:
-Cambio dunha consoante xorda pola súa correspondente sonora ( kitap “libro” pero kitabim “o meu libro” )
-Dobramento da consoante (sir “segredo” pero sirrim “o meu segredo” )
-Desaparición da vogal ( burun “ nariz” pero burnum “ o meu nariz” )
-Cambio dunha vogal curta por outra longa (zaman “tempo” zamanim [zama:nim] “ o meu tempo” )
Outros cambios son máis xerais:
-Alternancia do ´k´ final co ´g´ en substantivos ( çocuk “neno” pero çocuðum “o meu neno” )
-Alternancia de [æ ] final con [e] ( ben [bæn] “ eu” pero benim [benim] “meu” )
-Alternancia das finais ´a´, ´e´, ´u´, ´ü´ con ´ý´, ´i´ ( de “digo” pero diyecek “dirá” )
HARMONIZACIÓN VOCÁLICA
Como consecuencia da harmonización vocálica só se permiten as seguintes secuencias de vogais:
- ‘a’ só pode ir seguida de ‘a‘or ‘ý’
- ‘ý’ só pode ir seguida de ‘a’ or ‘ý’
- ‘o’ só pode ir seguida de ‘a’ or ‘u’
- ‘u’ só pode ir seguida de ‘a’ or ‘u’
- ‘e’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘i’
- ‘i’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘i’
- ‘ö’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘ü’
- ‘ü’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘ü’
ACENTO
Como regra xeral a maioría das palabras acentúanse na última sílaba. No caso dos vocativos o acento vai na penúltima sílaba. Excepcións a esta regra son:
-Os adverbios, que levan o acento normalmente na primeira sílaba.
-As palabras de orixe estranxeira.
-Os topónimos ( a excepción dos rematados en – istan).
-Algunhas partículas interrogativas.
Nas palabras compostas o acento recae normalmente no primeiro elemento.Con respecto aos sufixos hai que distinguir entre sufixos acentuados e non acentuados. No primeiro caso e se se engaden a unha palabra que se acentúa na última sílaba o acento trasládase á nova sílaba final. Se non se acentúa na última sílaba o acento permanece na mesma posición ao engadir o sufixo. No caso de sufixos non acentuados e clíticos dependendo do seu tipo modifican ou non o acento da palabra á que se engaden.
ENTONACIÓN
Bibliografía
Páxina de Promotora Española de Lingüística; http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo/altaica
páxina da Wikipedia; http://es.wikipedia.org/wiki/Fonolog%C3%ADa_del_turco
http://www.multilingualarchive.com/ma/enwiki/es/Turkish_phonology
Göksel, Asli and Kerslake, Celia (2005): A Turkish Comprehensive Grammar.Routledge