LOCALIZACIÓN

O turco é lingua oficial na República de Turquía. Fóra de Turquía os falantes de turco poden dividirse en dous grupos. Por unha parte aqueles que habitan territorios que foron parte no seu día do Imperio Otomano; é dicir, o que hoxe é Bulgaria, Grecia, Macedonia, Romania e Chipre. Por outra parte, os falantes das colonias emigrantes en varios países europeos (a maioría en Alemaña), Australia e Norte América.

  • LINGUA OFICIAL
  • MÁIS DE 1.000.000 FALANTES
  • ENTRE 500.000 - 1.000.000 FALANTES
  • ENTRE 100.000 – 500.000 FALANTES
  • ENTRE 25.000 – 100.000 FALANTES

NÚMERO DE FALANTES

Sumando hai aproximadamente uns 65 millóns de falantes de turco.

FAMILIA

O idioma turco (Türkçe o Türk dili) pertence á familia lingüística das linguas turcas, cuxa área geográfica se extende desde o occidente de China ata os Balcáns. O turco forma parte do subgrupo sur occidental (tamén chamado subgrupo da linguas oghuz) dentro das linguas túrcicas. Dentro deste subgrupo tamén se atopan o turcomano e o azerí. Algúns lingüistas ubican as linguas túrcicas dentro da gran familia das linguas altaicas. Cerca do 40% do total de falantes destas linguas son falantes nativos do idioma turco. As características do turco, tales como a armonía vocálica, aglutinación e a ausencia de xénero gramatical son universais dentro das linguas túrcicas e as linguas altaicas. Existe un alto grado de mutua intelixibilidade entre o turco e outras linguas oghuz, incluíndo o turcomano, o azerí, o kashgai, o gagauzo e o turco gagauzo dos Balcáns.

Linguas altaicas > Linguas Túrcicas > Subgrupo sur > Turkish

SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

Dos 70 millóns de habitantes que ten Turquía estímase que en torno a uns 55-60 millóns teñen o turco como primeira lingua. A maioría da minorías étnicas foron asimiladas lingüisticamente. Unha das máis importantes, a Kurda (que representa entre o 8 e o 20 % da poboación), é na súa maior parte bilingüe.O turco é oficial en Turquía, onde se fala desde a época medieval, cando os turcos procedentes de Asia central se instalaron en Anatolia, que entón era parte do Imperio bizantino.

DIALECTOS

Pódense distinguir os seguientes grupos dialectais: Estambul ou rumeliota;anatolio suroriental; anatolio medio;anatolio meridional ou mediterráneo, que inclúe tamén o turco falado en Chipre;suroriental (Adana, Gaziantep, Urfa);anatolio oriental (ao leste de Erzurmu);nororiental (rexión do mar Negro e leste de Samsun);noroccidental (rexión do mar Negro e Kastamonu);karamanli;rumeliota occidental, falado ao oeste de Bulgaria e en Macedonia,exposto ás influencias eslavas e que mostra similitudes cos dialectos anatolios nororientais.

OUTROS DATOS RELEVANTES

Desde 1928, o turco en Turquía escríbese co alfabeto latino, pero ao longo da historia utilizáronse uns 20 alfabetos diferentes como uyguro, chino, maní, cirílico, árabe, etc.

BIBLIOGRAFÍA

-Lewis, M. Paul (ed.) (2009): Ethnologue: Languages of the World, 16th edition. Dallas: SIL. Online version: http://www.ethnologue.com/

-Páxina web da wikipedia; http://es.wikipedia.org/wiki/Turco

-Göksel, Asli and Kerslake, Celia (2005): A Turkish Comprehensive Grammar.Routledge

-Páxina da Promotora Española de Lingüística; http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo/altaica/turcico/turco

-http://www.mediterraneosur.es/fondo/turcas.html