Resumo

Nunha oración simple, tén que haber un verbo e pode haber suxeito, obxecto e outros complementos verbais. O verbo, que en amhárico aparece ao final da oración, concorda obrigatoriamente co suxeito (en persoa, número e xénero) e pode levar un sufixo persoal de obxecto.

Orde de palabras na oración

As oracións no amhárico seguen a orde SOV, isto é, comezan no suxeito e rematan no verbo. Entre suxeito e verbo aparecen o obxeto e outros complementos verbais

Suxeito

Semánticamente, o suxeito [S+A] pode caracterizarse como:

  • [en oración intransitivas:] unha entidade, persoa ou cousa, que intervén nunha acción ou estado
  • [en oracións transitivas:] entre as entidades que interveñen nunha acción, a que toma a iniciativa ou é responsable do proceso (o "Axente")

Formalmante, o suxeito distínguese en amhárico porque:

  • aparece en posición inicial se está explicitado
  • non leva sufixo de caso
  • concorda co verbo en número e persoa e xénero. A conxugación dos verbos usa sufixos (no perfecto) ou prefixos (nos restantes tempos) para concordar co suxeito.
አዳኙ ትልቅ አንበሳ ገደለ
addañ-u tïllïq anbässa gäddäll-ä
cazador-DEF grande león matar(Perf)-3MascSg
"O cazador matou un león grande"

O suxeito pode atoparse explicitado, mediante un nome como no exemplo anterior ou un pronome. Pero na meirande parte das ocasións non é preciso explicitar o suxeito léxico por expresarse a través da flexión verbal. Por exemplo:

ሰነፍ ተማሪዎች ይቀጣል
sänäf tämari-wočč yï-qät'-all
preguiceiro alumno-Plural 3MascSg-castigar-Imperf
"Castiga [el] os alumnos preguiceiros"

Obxecto

O obxecto directo das oracións transitivas é, semánticamente, o participante non activo ou afectado polo proceso.

Formalmente, caracterízase en amhárico porque:

  • Nomes e pronomes que funcionan como obxecto directo aparecen diante do verbo (e despois do suxeito explicitado)
ዳቦ በላ
dabbo bäll-ä
pan comer(Perf)-3MascSg
"comeu [el] pan"
  • Cando o obxecto está determinado (por un artigo, posesivo ou demostrativo ou por ser nome propio ou pronome) leva o sufixo - -n
ዳቦውን በላ
dabbo-w-n bäll-ä
pan-DEF-OBX comer(Perf)-3MascSg
"comeu [el] o pan"
  • Se está dado no contexto estará representado por un sufixo pronominal de obxecto (estes sufixos poden ser opcionais co obxecto nominal determinado)
አየናቸው
ayyä-n-aččäw
ver(Perf)-1Pl-3Pl.Obx
vímolo

Alternativamente, un pronome independente con - pode utilizarse como obxecto enfatizado.

እርሳቸውን አየን
ïrsaččäw-n ayyä-n
el-OBX ver(Perf)-1Pl
vímolo a el

Transitividade

Nos verbos transitivos pode estar en cuestión qué entidade é o suxeito e cal o obxecto. A maioría dos verbos compórtanse de xeito semellante ao que podemos atopar na meirande parte das linguas europeas. Un exemplo:

ባልዎን አየሁዋቸው
bal-wo-n ayyä-hu-waččäw
home-seu-OBX ver(Perf)-1Sg.Sux-3.Obx
"Vin (eu) o seu home"

Pero algúns verbos, chamados 'impersoais' (Appleyard 1995: 156-7), que denotan estados físicos ou psicológicos expresan o experimentador dese estado cos sufixos de obxecto, e o estado experimentado como suxeito. Por exemplo (co experimentador en 1ª persoa = sufixo de obxecto ኝ -ñ):

ራበኝ rabä-ñ 'teño fame' (lit. 'dame fame' / "*faméame")
ጠማኝ t'amma-ñ 'teño sede'
ደከመኝ däkkämä-ñ 'estou canso'
አመመኝ ammämä-ñ 'estou enfermo'
ገባኝ gäbba-ñ 'entendo'
ገረመኝ gärrämä-ñ 'estou sorprendido'
ሰለቸኝ säläččä-ñ 'estou aburrido'
ተሰማን täsämma-ñ 'síntoo'
ተረዳኝ tärädda-ñ 'decátome'

Oracións con dobre obxecto

Na mesma oración, pode haber dous complementos obxecto (ambos co sufixo -ን). Nas oracións con dobre obxecto, o de persoa precede ao de cousa:

ሰትወ ልጁን ቤቱን አሳየችው
set-wa lïjj-u-n bet-u-n assay-äččï-w
muller-FemSg(=a) rapaz-MascSg(=o)-OBX casa-MascSg(=o)-OBX mostrar(Perf)-3FemSg.Sux-3MascSg.Obx
= "a muller mostroulle a casa ao rapaz"

Alternativamente, podemos expresar isto mesmo cun obxecto directo con -ን e un complemento coa preposición ለ lä- 'a':

ሰትወ ለልጁን ቤቱን አሳየችው
set-wa lä-lïjj-u bet-u-n assay-äččï-w
muller-DEF.Fem a-rapaz-DEF.Masc casa-DEF.Masc-OBX mostrar(Perf)-3Fem.Sux-3Masc.Obx
= "a muller mostroulle a casa ao rapaz"

Outros complementos verbais

Os complementos verbais que non son suxeito nin obxecto van acompañados de preposicións ou postposicións

በሌላ መንገድ መጣን
-lela mängäd mät't'a-n
por-outro camiño vir(Perf)-1Pl
"Viñemos por outro camiño"

Hai algúns casos nos que as preposicións que indican lugar ou tempo poden omitirse, como por exemplo:

ልጆቹ ተማሪበት ናቸው
lïjj-očč-u tämari-bet naččäw
neno-PL-DEF escola estar-3Pl
"Os nenos están [na] escola"

Referencias adicionais

  • Amberber, Mengistu (2009): "Differential Case-marking of Arguments in Amharic", en Malchukov, Andrej & Andrew Spencer (eds.) The Oxford Handbook of Case. Oxford: Oxford University Press, pp. 742-755


Grupo de Tipoloxía Lingüística (Universidade de Vigo) Última modificación da páxina May 11, 2010, at 04:57 PM