Sistema vocálico

O sistema vocálico do turco é un sistema de oito vogais definifas por tres oposicións: posterior/non posterior, alta/non alta e redondeada/non redondeada.

Sistema vocal:

AFIDescripciónOrtografía turca
iVocal cerrada anterior no redondeadai
yVocal cerrada anterior redondeadaü
ɯVocal cerrada posterior no redondeadaı
eVocal semicerrada anterior no redondeadae
œVocal semiabierta anterior redondeadaö
aVocal abierta anterior no redondeadaa
oVocal semicerrada posterior redondeadao
uVocal cerrada posterior redondeadau

O AFI representa as vogais turcas no seguite recadro: Attach:cadro.png Δ

Sistema consonántico

Fonemas segundo o Turco estándar:

 LabialLabiodentalDentalAlveolarPostalveolarPalatalVelarGlotal
Oclusivasp / b t̪ / d̪  c / ɟk / g 
Nasaism n     
Fricativas f / vs / z ʃ / ʒ / ɣh /
Africadas   ʧ / ʤ    
Vibrantes simples   ɾ    
Aproximantes     j  
Aproximantes laterais  ɫ l   
  • O fonema /ɣ/, representado no turco como "ğ" (g suave), é un son bastante débil que se articula como velar anterior ou como aproximante anterior cando vai entre dúas vogais anteriores. Nunca vai ao comeza dunha palabra e sempre segue a unha vogal. Cando vai ao final de palabra ou vai seguido doutra consoante, alonga a vogal que lle precede.

A SÍLABA

A maioría das sílabas do turco conteñen unha soa vogal. Só en préstamos aparecen dúas ou máis. As combinacións máis comúns na sílaba son VC (at “cabalo”) e CVC ( güz “outono”). En menor número temos CV (su “auga” - aínda que cando engaden un sufixo precisan doutra consoante de enlace), VCV ( ile “con”), VCC (sert “duro”) e CVCC ( genç “novo”). As vogais poden formar sílabas elas soas pero combinadas cun sufixo engaden unha consoante. Case a totalidade das palabras que na lingua turca teñen máis dunha sílaba son derivadas. Dúas consoantes seguidas en posición inicial só aparecen en préstamos ( spor “deporte”) aínda que algúns falantes introducen na súa pronuncia un /i/ antes ou entre as consoantes. En cambio si son comúns as agrupacións de consoantes ao final de palabra (ilk “primeiro”, baht “sorte”)

CAMBIOS FONOLÓXICOS POLA SUFIXACIÓN

Nalgúns contextos a adición dun sufixo provoca cambios na última vogal ou consoante da raíz. Algúns, como os seguintes, só afectan a determinadas palabras:

-Cambio dunha consoante xorda pola súa correspondente sonora ( kitap “libro” pero kitabim “o meu libro” )

-Dobramento da consoante (sir “segredo” pero sirrim “o meu segredo” )

-Desaparición da vogal ( burun “ nariz” pero burnum “ o meu nariz” )

-Cambio dunha vogal curta por outra longa (zaman “tempo” zamanim [zama:nim] “ o meu tempo” )

Outros cambios son máis xerais:

-Alternancia do ´k´ final co ´g´ en substantivos ( çocuk “neno” pero çocuðum “o meu neno” )

-Alternancia de [æ ] final con [e] ( ben [bæn] “ eu” pero benim [benim] “meu” )

-Alternancia das finais ´a´, ´e´, ´u´, ´ü´ con ´ý´, ´i´ ( de “digo” pero diyecek “dirá” )

HARMONIZACIÓN VOCÁLICA

Como consecuencia da harmonización vocálica só se permiten as seguintes secuencias de vogais:

  1. ‘a’ só pode ir seguida de ‘a‘or ‘ý’
  2. ‘ý’ só pode ir seguida de ‘a’ or ‘ý’
  3. ‘o’ só pode ir seguida de ‘a’ or ‘u’
  4. ‘u’ só pode ir seguida de ‘a’ or ‘u’
  5. ‘e’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘i’
  6. ‘i’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘i’
  7. ‘ö’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘ü’
  8. ‘ü’ só pode ir seguida de ‘e’ or ‘ü’

ACENTO

Como regra xeral a maioría das palabras acentúanse na última sílaba. No caso dos vocativos o acento vai na penúltima sílaba. Excepcións a esta regra son:

-Os adverbios, que levan o acento normalmente na primeira sílaba.

-As palabras de orixe estranxeira.

-Os topónimos ( a excepción dos rematados en – istan).

-Algunhas partículas interrogativas.

Nas palabras compostas o acento recae normalmente no primeiro elemento.Con respecto aos sufixos hai que distinguir entre sufixos acentuados e non acentuados. No primeiro caso e se se engaden a unha palabra que se acentúa na última sílaba o acento trasládase á nova sílaba final. Se non se acentúa na última sílaba o acento permanece na mesma posición ao engadir o sufixo. No caso de sufixos non acentuados e clíticos dependendo do seu tipo modifican ou non o acento da palabra á que se engaden.

ENTONACIÓN

Bibliografía

Páxina de Promotora Española de Lingüística; http://www.proel.org/index.php?pagina=mundo/altaica

páxina da Wikipedia; http://es.wikipedia.org/wiki/Fonolog%C3%ADa_del_turco

http://www.multilingualarchive.com/ma/enwiki/es/Turkish_phonology

Göksel, Asli and Kerslake, Celia (2005): A Turkish Comprehensive Grammar.Routledge