Os nomes poden ir modificados ou complementados por adxectivos, por outros nomes ou por verbos relativizados. En amhárico a orde de palabras é sempre modificador diante do núcleo.

Adxectivos

Os adxectivos preceden ao nome indicando tamaño, cor ou outras cualidades

  • ትልቅ ቤት "unha casa grande"
  • ብጫው ቤት "a casa amarela"
  • አዲስ አበባ 'nova flor'

Formación de adxectivos

En Amhárico existen poucos adxectivos primarios como ደግ dägg 'amable', a maioría derívanse de nomes, verbos ou outras categorías.

Moitos adxectivos formanse mediante o prefixo relacional - 'de', engadindoo tanto a nomes como as formas relativas do verbo:

  • የከተማ yäkätäma 'cidadán' (lit. 'da cidade')
  • የበሰለ yä-bässälä 'maduro, cocinado' (lit. 'que foi cocido' [formas relativa do perfecto])
  • የሚከተል yä-mmi-kkättäl 'seguinte' (lit. 'o que segue' [forma relativa do imperfecto)

Os seguintes sufixos, que expresan característica ou calidade, empréganse para converter nomes en adxectivos:

  • -añña: እውነተኛ hayl-äñña 'forte' (de እውነተ hayl 'fortaleza')
  • -ተኛ -täñña: ዓለምተኛ aläm-täñña 'secular' (de ዓለም aläm 'mundo' )
  • -a -awi: ሃይማኖታዊ haymanot-awi 'relixioso' (de ሃይማኖት haymanot 'relixión')
  • -a -am expresa que se posúe a calidade do nome: መርዛምmärz-am 'velenoso' (de መርዝ märz 'veleno')

Sintaxe: adxectivos e artigo

Nos casos nos que un nome modificado por un adxectivo está determinado, o artigo engádese ao adxectivo:

  • ትልቁ ቤት tïllïq-u bet 'a casa grande'

Se a mesma construcción está determinada por un sufixo posesivo, o adxectivo leva o artigo e o nome o sufixo:

  • ትልቁ ቤቷ tïllïq-u bet-wa 'a súa casa grande'

No caso de que aparezan dous adxectivos conectados con - -nna 'e', ámbolos dous adxectivos levan artigo:

ቆንጆዋና አስተዋይዋ ልጅ መጣች
k'onjo-wa-nna astäway-wa lïj mät't'ačč
intelixente-Art-e guapa-Art moza veu
='a moza intelixente e guapa veu'

Cando a construcción adxectivo+nome é o obxecto directo da cláusula e é indeterminado, a marca de obxecto - lévaa o nome

አዳኙ ትልቅ አነበሳን ገደለ
addañu tïllïq anbässa-n gäddällä
o cazador grande león-OBX matou
='o cazador matou un león grande'

Se, polo contrario, a construcción adxectivo+nome do obxecto directo está determinada, o adxectivo levará a marca de artigo e de obxecto directo, nesa orde.

  • ውሻው ትልቁን በቅሎ ነከሰ wïšša-w tïllïq-u-n bäqlo näkkäsä 'o can mordeu a mula grande'
ውሻው ትልቁን በቅሎ ነከሰ
wïšša-w tïllïq-u-n bäqlo näkkäsä
o can grande-Art-OBX mula mordeu
='o can mordeu a mula grande'

Se a construcción adxectivo máis nome é plural e está indeterminada, o nome estará en plural mentres que o adxectivo pode estar tanto en plural como en singular.

  • 'estudiante dilixente': ትጉ ተማሪዎች tïgu tämariwočč ou ትጉዎች ተማሪዎች tïguwočč tämariwočč

Complementos nominais

Os nomes poden complementar a outro nome precedidos do prefixo - yä-. O complemento sitúase diante do nome complementado e pode significar posuidor, material, finalidade, lugar, entre outras posibles relacións

Expresión de posesión

[Pódese complementar este apartado coa información engadida no apartado adicado a posesión ]

የተማሪ መጽሐፍ
yä-tämari mäs'haf
de-estudante libro
= libro dun estudante

Expresión de material A estructura የ+nome expresa "feito de":

  • የወርቅ ሰዓት yä-wärq säat 'reloxo (feito) de ouro'

Expresión de finalidade የ+nome pode significar "feito ou empregado pra":

  • የገብስ ቁና yä-gäbs k'unna 'medida empregada para fariña'

Expresión de lugar

የ-nome, que designao un produto comercial, seguido por un nome, que designa un lugar específico, expresa a lugar onde o artigo e feito ou vendido. Nestes casos o prefixo pode omitirse:

  • የቡና ቤት yä-bunna bet ou ቡና ቤት bunna bet 'cafetería' (lit. 'casa de café')

Expresión de tempo ou duración

የ-nome, designando tempo, seguido por unha tarea ou lugar expresa o tempo no que a acción se realiza:

የሦስት ቀን መንገዶ 'viaxe de tres días'
yä-sost qän mängäd

Notas

Se a construcción የ-nome + nome está determinada, a primeira parte é a que toma o artigo:

  • የገበሬው ልጅ yä-gäbäre-w lïjj 'fillo do (de+o) granxeiro'

Omítese የ- (yä-) cando se engade unha preposición a unha construcción de complementación nominal:

በገበረው እርሻ ልዩ ተክል ይበቅላል
bä-gäbäre-w ïrsha lïyyu täkl yï-bäk'l-all
en-granxeiro-ART campo diferente pranta 3sgMasc-medrar-Imperf
"No campo (do) granxeiro crecen diferentes prantas"

Verbos relativizados

Tamén podemos describir un nome indicando os procesos ou estados nos que intervén. Para iso, formamos co verbo unha construción relativa, que tamén debe situarse diante do nome. Os verbos relativízanse co prefixo የ-; pero distínguese entre o perfecto relativo e o imperfecto relativo.

Perfecto relativo

Para obter un perfecto relativo engádese የ- ao perfecto do verbo, no caso dunha foma negativa engádese ademáis a partícula negativa አል al-.

  • የሰረቀ ሰው yä-särräqä säw 'home que robou'
  • የልሰረቀ ሰው yä-l-särräqä säw 'home que non robou'

Imperfecto relativo

O imperfecto relativo expresase pola marca de relativo የም- yämmï - ou እም- ïmmï -, a cal se engade ao imperfecto simple. Estas formas úsanse en tódalas persoas gramaticais menos na 3ª masc., sing e na 3ª do plural, nas que se emprega የሚ yämmi-. A forma negativa é የማ- yämma-.

  • የምትመጣ ሴት yämmï-tïmät'a set 'muller que ven'
  • የማትመጣ ሴት yämma-tïmät'a set 'muller que non ven'


Grupo de Tipoloxía Lingüística (Universidade de Vigo) Última modificación da páxina June 01, 2010, at 07:11 PM