Historia e principais características do alfabeto coreano
O alfabeto coreano é coñecido actualmente como han´gul. Este sistema de escritura foi creado a mediados do século XV polo rei Sejong o Grande.
Co alfabeto coreano o que se pretendía era ter un sistema de escritura fácil de entender e de aprender para todas as persoas, xa que as representacións gráficas non son arbitrarias, senón que pretenden representar a fonoloxía da letra. Así a grafía das consoantes representa o punto e o modo de articulación, igual que as vogais cuxa grafía ten unha relación directa coa súa calidade e modo acústico.
No ano 1940 a UNESCO recoñeceuno para ser incluído nas Memorias do mundo.
No inicio do alfabeto coreano as palabras escribíanse de forma vertical, pero na actualidade o seu sistema de escrita faise de xeito horizontal.
Táboa de grafemas
Consoantes
| Labiais | Apicais | Predorsais | Palatais | Velares | Glotais | |||||||
| Simples | ㅂ | /p/ | ㄷ | /t/ | ㅅ | /s/ | ㅈ | /ʨ/ | ㄱ | /k/ | ||
| b / p | d / t | s | j /c | g / k | ||||||||
| Aspiradas | ㅍ | /ph/ | ㅌ | /th/ | ㅊ | /ʨh/ | ㅋ | /kh/ | ㅎ | /h/ | ||
| p | t | ch | k | h | ||||||||
| Tensas | ㅃ | /p’/ | ㄸ | /t’/ | ㅆ | /s’/ | ㅉ | /ʨ’/ | ㄲ | /k’/ | ||
| pp | tt | ss | jj | kk | ||||||||
| Nasais | ㅁ | /m/ | ㄴ | /n/ | ㅇ | /ŋ/ | ||||||
| m | n | ng* | ||||||||||
| Líquida | ㄹ | /l/ | ||||||||||
| r / l | ||||||||||||
Vogais
| ㅣ | /i/ | ㅡ | /ʉ/ | ㅜ | /u/ |
| i | eu/ǔ | u | |||
| ㅔ | /e/ | ㅓ | /ʌ/ | ㅗ | /o/ |
| e | eo/ǒ | o | |||
| ㅐ | /æ/ | ㅏ | /a/ | ||
| ae | a |
Ditongos
Silabificación
A silabificación que se fai na escrita coreana non garda relación directa coa pronuncia, senón que o que se establecen son bloques pechados de sílabas dun xeito gráfico.
A orde que se establece na silabificación é consoante, vogal central e consoante.
Exemplos
삼승 Samseung (Samsǔng)
태권도 tae kweon do (tae kwǒn do)
