Orde de constituíntes na cláusula
A orde básica do coreano é suxeito-obxecto-verbo ( S O V ). Esta orde non é estrita, agás a localización final do verbo. O esquema das palabras en coreano máis habitual é: adverbio de tempo-adverbio de lugar- frase nominal en nominativo- frase nominal en dativo- adeverbio de modo- frase nominal en acusativo- verbo. De todos os xeitos, calquera parte da cláusula se pode converter no tópico cun morfema -nun (-un despois de consoante)(cf. infra).
O suxeito pode ser un nome ou unha frase nominal e o predicado denota calquera cousa do suxeito ou da claúsula.
기 순 이 | 오 렌 지 를 | 산다 |
---|---|---|
kisun-i | orenji-lŭl | sa-n-ta |
Kisun-SUX | laranxa-OBX | comprar-PRES-DECL |
S | O | V |
"Kisun compra laranxas" |
Como se pode observar neste exemplo a orde é a habitual (suxeito-obxecto-verbo) no coreano. Cada palabra incorpora os morfemas de caso e tempo. No verbo tamén se engade a modalidade da cláusula, neste caso declarativa. Este morfema vai pegado ó verbo porque sempre se sitúa no final.
Orde de constituíntes nas frases
Como regra xeral, os dependentes (modificadores ou complementos) preceden aos núcleos, as palabras principais das que dependen (DEP > NUC)
친구의 | 결혼 | (Kin-Renaud: p. 178-9) |
---|---|---|
ch'in'gu-ŭi | kyŏrhon | |
amigo-XEN | voda | |
DEP | NUC | |
"a voda do meu amigo" |
ou ben,
친구 | 결혼 | (Kin-Renaud: p. 178-9) |
---|---|---|
ch'in'gu | kyŏrhon | |
amigo | voda | |
DEP | NUC | |
"a voda do meu amigo" |
Obs:
- O xenitivo que se presenta no primeiro destes dous exemplos é unha partícula de xenitivo partitivo, que en moitos casos marca posesión. A construción máis habitual é a que leva o morfema de caso, pero é posible a opción sen esa marca, que se sobreentende pola orde lóxica do coreano (modificador-núcleo), aínda que sería unha frase marcada enfaticamente.
춤추는 | 여자 | (Kin-Renaud: p. 200) |
---|---|---|
ch'umch'u-nŭn | yŏja | |
bailar-MOD | muller | |
DEP | NUC | |
"unha muller que baila" |
좋은 | 친구 | (Kin-Renaud: p. 201) |
---|---|---|
cho-un | ch'in'gu | |
bo-MOD | amigo | |
DEP | NUC | |
"un bo amigo" |
Obs.:
- Nas cláusulas de relativo o modificador tamén antecede ó núcleo. Esta é unha construción prototípica para engadir calquera calidade dos nomes, posto que en coreano non existe a categoría dos adxectivos. Iso provoca que os equivalentes coreanos dos adxectivos do galego funcionen como unha cláusula de relativo na que intervén un verbo. Neste último exemplo a tradución máis próxima ó orixinal sería "un amigo que é bo".
Tópico
Como se comentou na orde dos elementos da cláusula, a orde prototípica do coreano é SUX-OBX-VBO, pero non é unha orde obrigada, senón a non marcada. Calquera cambio de orde xa indica unha estrutura marcada, pero para dar unha información nova que sexa distinta do que habitualmente é o tópico, o suxeito, marcase mediante un morfema casual, que nalgúns casos vai acompañada de cambio de orde. O morfema de tópico é -nun (co alófono -un despois de vogal). Por exemplo: