Características xerais das estruturas predicativas:
- Orde de constituíntes
- Verbo final
- orde variable dos actantes do verbo, con preferencia para o suxeito inicial
- Os elementos que dependen do verbo (actantes e circunstantes) indican a súa función mediante un sufixo de caso (nominativo, acusativo, dativo, locativo, tópico)
- O verbo non concorda con ningún actante
Estruturas intransitivas: suxeito e predicado
As estruturas intransitivas só teñen un participante que, habitualmente, cumpre as funcións sintacticas de suxeito, aínda que para evitar clasificalo desde unha perspectiva semántica ou sintáctica, denominarémolo S. O coreano é unha lingua nominativo-acusativo, o que quere dicir que o elemento non marcado é o participante S das intransitivas e o participante A das transitivas, mentres que o elemento que se diferencia é o participante P das transitivas. Para poder observar esta característica é preciso comparar algún exemplo de estrutura intransitiva con outras transitivas (cf. infra).
동생이
| 자요
|
tongsaeng-i
| cha-yo
|
irmán mozo-SUX
| durmir-DEC/CORT
|
"A miña irmá pequena durme"(P. 54)
|
Verbos estativos
En coreano os verbos estativos ou tamén denominados adxetivais fórmanse cunha construción dun só verbo e non se forman coa fórmula copulativa na que, habitualmente, en galego, interveñen o verbo SER e un adxectivo que fai a función de participante P, da estrutura copulativa. Neste caso como xa se comentou no apartado anterior non existen os adxectivos como clase léxica, polo que este tipo de construcións resólvense cun só verbo. Uns exemplos nos que se pode observar isto son:
| 짚이
| 크다
|
| chip-i
| k'ǔ-ta
|
| casa-SUX
| grande-DEC/PLANO
|
| "A casa é grande" (K-R, p. 51)
|
인생이
| 짪다
|
insaeng-i
| tchalp-ta
|
vida-NOM
| corta-DEC/PLANO
|
"A vida é breve" (K-R, p. 52)
|
Estruturas transitivas: suxeito, obxecto e predicado
No caso das estruturas transitivas, como xa se comentou (cf supra) existen dous participantes, A e P. Como lingua nominativo-acusativo que é, o participante marcado é P.
인호가
| 오렌지를
| 잔다
|
inho-ka
| orenji-lǔl
| sa-n-ta
|
Inho-NOM
| naranxas-ACUS
| comprar-PRES-DEC/PLANO
|
"Inho compra laranxas"
|
Estruturas con dobre obxecto
Estas estruturas con dobre obxecto denomínanse diobxectuais. No coreano constrúense marcando A en nominativo, P en acusativo e o segundo obxecto en dativo. A orde mantense segundo os trazos habituais do coreano e o segundo obxecto pode ir entre o suxeito e o obxecto directo ou entre o primeiro obxecto e o predicado. Iso pódese observar no seguinte obxecto:
인호가
| 미나에게
| 편지를
| 썼다
|
inho-ka
| mina-ege
| p`yŏnji-lǔl
| ss-ŏss-ta
|
Inho-NOM
| Mina-DAT
| carta-ACUS
| escribir-Pasado-DEC/PLANO
|
"Inho escribiulle unha carta a Mina"
|
Circunstanciais e outros complementos periféricos
Os complementos circunstanciais sitúanse, habitualmente, no inicio das claúsulas, agás os adverbios de modo que soen ir entre o segundo obxecto e o primeiro obxecto. Estes complementos poden ir en distintos casos en función do circunstancial do que se trate, aínda que non todos poden ir en caso diferenciado, posto que non existen tantos casos en coreano.
어제
| 학교에서
| 수지가
| 유진에게
| 미아를
| 소개했어요
|
ŏje
| hakkyo-esŏ
| suji-ka
| yujin-ege
| mia-lǔl
| sogaehae-ss-ŏyo
|
hoxe
| escola-LOC
| Suji-NOM
| Yujin-DAT
| Mia-ACUS
| presentar-Pas-Dec/Pol
|
"Onte na escola Suji presentoulle a Mia a Yujin" (K-R, p. 55)
|
Outros esquemas predicativos
Atribución
As construcións atributivas do coreano créanse cun substantivo ó que se lle engade o morfema -i-ta. Esta morfema compórtase como un sufixo, posto que na escrita non se deixan ocos en branco entre o substantivo e o morfema e na pronuncia os dous morfemas forman unha unidade.
시간이
| 돈이다
|
sigan-i
| ton-i-ta
|
tempo-NOM
| diñeiro-COP-DEC/PLANO
|
"O tempo é diñeiro" (K-R, p. 92)
|
부인이
| 미국
| 사람이디
|
puin-i
| miguk
| saram-i-ta
|
muller-NOM
| América
| persoa-Cop-Dec/Plano
|
"A súa muller é americana" (K-R, p. 53)
|
Existencia e Localización
Os verbos que constrúen as estruturas existeciais e as posesivas fórmanse cos mesmos verbos: iss-ta, para as afirmativas e -ŏps-ta, para as negativas. A resto da estrutura segue as marcas xerais, agás nas posesivas, en que o dativo, no caso de estar presente, antecede o nominativo.
선생님은
| 서울에
| 계세요
|
sŏnsaengnim-i
| sŏul-e
| kyese-yo
|
profesor-NOM
| Seul-LOC
| Existir/Hon-Dec/Pol
|
O profesor está en Seúl (K-R, p. 96)
|
Posesión
나에게
| 돈이
| 없어요
|
na-ege
| ton-i
| ŏps-ŏyo
|
eu-DAT
| diñeiro-NOM
| non existir-DEC/POL
|
Non teño cartos (K-R, p. 54)
|