Voz
A voz nas linguas marca a relación que existe entre o verbo e os actantes.
Activa
A voz activa é a forma non marcada nas linguas, sexa unha estrutura transitiva ou intransitiva. Por exemplo:
ch`in`gu-ka | hwaga-ka | ani-ta |
---|---|---|
amigo-NOM | pintor-NOM | non ser-DEC/PLANO |
"O meu amigo non é un pintor" |
saja-ka | t`okki-lǔl | mŏnk-nǔn-ta |
león-NOM | coello-ACUS | comer-PRS-DEC/PLANO |
O león está comendo un coello.
Pasiva
No coreano, ó igual que na maior parte das linguas, a voz pasiva non reflite, case nunca, de xeito explícito o axente, posto que esa é a función que non interesa para crear esa estrutura marcada informativamente. O axente da voz activa, de aparecer na pasiva, vai en dativo e o paciente en caso nominativo. Po outro lado o verbo leva en posición de mesóclise un morfema de pasiva 'hy'. Noutros casos a pasivización pode conseguir mediante o auxiliar o chi ou o sufixo -ha. Por exemplo:
t`okki-ta | saja-ege | mŏk-i-n-ta |
---|---|---|
coello-NOM | león-DAT | comer-Pas-Pres-Dec/PLANO |
O coello está sendo comido polo león.
Causativa
Nas estruturas causativas engádese un axente, polo que, se a estrutura inicial xa tiña un axente, a claúsula de chegada pode ter dous axentes. O primeriro axente, que é o que se engade, produce que o segundo faga o que marca o verbo.
saja-ka | saekki-ege | t`okki-lǔl | mŏk-i-n-ta |
león-NOM | cachorro-DAT | coello-ACUS | comer-Caus-Pres-Dec/PLANO |
O león está alimentando un cachorro cun coello
En coreano existen dous tipos de causativas, as longas(mŏk-ke-ha-ta)e as curtas(mŏgi-ta). O morfema final pode variar en función do tratamento da claúsula. A escolla dun ou doutro morfema cambia o grao de causatividade, posto que a forma longa indica que se dirixe directamente a algo para que que se faga unha cousa e a curta só predispón as cousas para que iso ocurra. A xente que se engade aparece en dativo e sitúase entre o suxeito e o obxecto.
ŏmma-ka | aegi-ege | yag-ǔl | mŏk-ke-hae-yo |
nai-NOM | bebé-DAT | medicina-ACUS | comer-Caus-Dec/PLANO |
A nai consegue que o bebé tome a medicina [A nai fai posible que o bebé faga X]