Visión xeral
Cláusulas cun participante (intransitivas)
Nas clásulas intransitivas o verbo concorda en número e persoa con S ( particiante único).
| sg. | dual | pl. | |
| 1 | amu-n | amu-yu | amu-iñ |
| 2 | amu-ymi | amu-ymu | amu-ymün |
| 3 | amu-y | amu-yngu | amu-yngün |
Cláusulas con dous participantes (transitivas)
A xerarquía dos participantes
Considéranse non marcadas as construcións onde a 1ªp. ou 2ªp. actúan sobre unha 3ª, estas son chamadas construcións directas, de ocurrir ó contrario teremos construcións inversas.
1/ 2 > 3prox > 3obv
De 1 ou 2 para 3 (construción directa)
No caso de que a 3ª persoa actúe coma obxecto (o esperado), as terminacións serán iguais que nas intransitivas. A construción directa márcase ou ben con morfema cero ou co sufixo -fi.
| pe-fi-ñ | Juan | [1 >3] | |
| ver-DIR.3s-1s | J. | ||
| "vin a Xoan"(eu a el) | |||
De 3 para 1 ou 2 (construción inversa)
Cando unha 3ª persoa actúa sobre calquera outra as terminacións son máis complexas. A marcación é sempre co sufixo -e.
| kellu-e-n-ew | [3>1] | |
| axudar-INV-1s-3s | ||
| "axudoume (el a min)" |
Dous participantes en 3ª persoa
Distiínguense dous tipos de 3ª persoa, unha próxima que se caracteriza por +animación e/ou +definición, e outra obviativa; é dicir que, no caso de ter unha 3ª p. "ser humano" e outra "animal ou obxecto" a primeira sería a 3prox e a segunda a 3obv. No caso de termos dúas do mesmo nivel (dúas persoas ou dúas cousas), considerarase a forma próxima quela coa que se empatiza máis ou que é protagonista na historia, ou ben aplicarase un criterio de topicalidade (do que estabamos a falar).
Construción directa
| pe-fi | Juan | [3prox>3obv] | |
| ver-DIR.3s | J. | ||
| "viu a Xoan" | |||
Construción inversa
| Juan | langüm-e-y-ew | [3obv>3prox] | |
| J | matar-INV-INDIC-3sg | ||
| "Xoan matouno" | |||
Dous participantes en 1ª e 2ª persoa
| pe-e-yu | [1 > 2] | |
| ver-INV-1DUAL | ||
| "vinte (eu a ti)" |
| elu-e-n | asukura | [2 >1] | |
| dar-INV-1sg | azucre | ||
| "dechesme azucre (ti a min)" | |||
Atribución, localización, existencia e posesión
Referencias adicionais
- Arnold, J. E. (1997). The Inverse System in Mapudungun and Other Languages. Revista de Linguistica Teorica y Aplicada, 34, 9-48. (MSW Doc)
- Grimes, Joseph. E. (1985). Topic Inflection in Mapudungun Verbs. International Journal of American Linguistics, 51. 141-63.
