Os verbos do mapudungun combínanse tamén con morfemas direccionais que indican a orientación do proceso en relación co falante ou o destinatario

Os sufixos direccionais que aparecen co verbo inclúen o cislocativo -pa "cara aquí" e o translocativo -pu "cara alí" (cf. os verbos küpa- "vir" e pu(w)- chegar alí):

lef -pa -y -mi
correr -CIS- IND 2sg
=Ti corres cara aquí.
lef -pu -y -mi
correr TRANS IND 2sg

=Ti corres cara alí.

Estes sufixos tamén poden indicar movemento con verbos que non son de desprazamento:

Pe-n tañi wenüy
ver-1sg 1sgPOS amigo

=Vin o meu amigo

Pe-pa-n tañi wenüy
ve-CIS-1sg 1sgPOS amigo

=Vin aquí para ve-lo meu amigo

Existe ademais, un morfema andativo -me que implica que un volveu despois de terminar o proceso indicado polo verbo:

Pe-me-n tañi wenüy
ver-AND-1sg 1sgPOS amigo

=Fun alí a ve-lo meu amigo (e volvín)