Aumento de transitividade
Causatividade
A forma causativa dun verbo V significa 'facer V', por exemplo 'saber' --> 'ensinar' (='facer saber')
| kim-lay | winkadungun |
| saber-NEG | castelán |
| "Non coñece o castelán" |
| iñ | mama | kim-el-e-n-ew | ngüreutralen |
| Miña | nai | saber-CAUS-INV-1sg-3sg | a tecer |
| "Miña nai ensinoume a tecer" | |||
Os sufixos causativos máis produtivos son: -(ü)l, -(ü)m. Ámbolos dous sufixos converten formas verbais intransitivas en transitivas, coa diferenza de que o participante único da forma intransitiva á que se engade o sufixo -l é máis axentivo e o participante único da forma intransitiva a que se engade o sufixo(ü)m é máis pacientivo.
Referencias adicionais
- Fernández Garay, Ana (2001): La variación actancial en ranquel (mapuche), Estudios de Lingüística Española 13 - http://elies.rediris.es/elies13/garay.htm
