O mapudungun emprega técnicas sintéticas para expresar a negación: engade sufixos ó verbo. Estes sufixos de negación varían segundo o modo en que estea o verbo:
- O sufixo -la emprégase co indicativo (exemplo 1)
- O sufixo -no/ nu vai co subxuntivo e coas formas non finitas (exemplo 2)
- O sufixo -ki serve para formar o imperativo negativo, que se expresa en subxuntivo e non en imperativo (exemplo 3)

(1) Eymi fem - la - (y)a - y - mi anay
2SgPERS facer NEG FUT IND 2Sg PART
"Ti non o vas facer"
(2) Fentren ngülamtuw - no - f - e - l - iyu
moito advertir NEG RI INV SUBX 1
"Se non te advertise, a miúdo..."
(3) Weñe - ñma - w - ki - l - mün kulliñ weda - le - y
roubar APL REFL NEG SUBX 2Pl animal malo RES IND
"Non roubes animais de outros, é malo"


Poden atoparse algúns exemplos nos que o imperativo negativo ten ó mesmo tempo o sufixo -l de subxuntivo e o morfema de imperativo.

Wangkü - l - mu - ki - l - chi!
berrar APL INV NEG SUBX IMP1Sg
"Non me berres!"