Orde na cláusula
No Mapudungun a orde de palabras é libre, pero con preferencia da enfatización ao comezo da cláusula. As posibilidades de orde son ( S-V-O; V-S-O; V-O-S; O-V-S, e raramente, a orde O-S-V).
Un exemplo de S-V-O:
| feychi | weche | ye-y | ñi | we | ngapiñ |
| ART | mozo | levar-IND | 3pos | acabar | casada muller |
| "O mozo trouxo á muller coa que acababa de casar". | |||||
Un exemplo de de V-S-O:
| Rume | rakiduam-ürke-y | tüfachi | kuñifall | wentru | tañi | femngechi | fem-ün | tachi | pichi | trewa |
| Moito | pensar-QUOT-IND | este | pobre | home | 3POSS | así | facer-INF | ART | pequeno | can |
| "Este pobre home pensou moito porque o can pequeno fíxoo así" | ||||||||||
Orde na frase nominal
A orde de contituíntes non marcada en mapudungun é dependente-núcleo. Exemplos:
AN:
| Kiñe | chod | alka |
| Un | amarelo | galo |
| ="Un galo amarelo" | ||
XN :
| Chi | karukato | ñi | kulliñ |
| O | veciño | seu | animal |
| ="O animal do veciño" | |||
RelN:
| Küdaw-küle-chi | wentru |
| Traballar-PROG-ATR | home |
| ="Home que está traballando" | |
Para formar cláusulas relativas é habitual verbalizar un adxectivo e convertilo nunha forma non finita mediante sufixos verbais non finitos como por exemplo -lu; outra estratexia posible é usar o sufixo -chi en lugar destas terminacións non finitas. Unha forma marcada con -chi, precederá ó núcleo mentres que unha forma atributiva -lu irá posposto:
| Ti | küdaw-chi | wentru |
| ART | traballar-ATR | home |
="O home que traballa"
| Ti | wentru | küdaw-lu |
| ART | home | traballar-lu |
="O home que traballa"
Adposicións
No mapudungun hai preposicións e posposicións .
A adposición máis frecuente en mapudungun é a postposición mew, que ás veces redúcese a mo/mu.
Pode significar unha relación espacial designada polo verbo:
| Amu-a-n | waria | mew |
| IR-FUT-1sg | cidade | POSTP |
| "Vou á cidade" | ||
| Waria | mew | küpa-n |
| cidade | POSTP | vir-1sg |
| "Veño da cidade" | ||
Tamén pode significar "por causa", "despois":
| Teyfu-nge-we-y | am | nüyür | mew |
| Destruir-PAS-xa-IND | PART | terremoto | por |
| "Xa foi destruído polo terremoto" | |||
Tamén existen preposicións, derivadas de verbos ou adverbios, como as seguintes:
- pu "alí, en". Está relacionada co translocativo verbal -pu ("alí") e posiblemente co verbo pu(w) "chegar alí".
| pu | waria |
| en | cidade |
| "na cidade" | |
- ina "preto", e como adverbio significa axiña.
| ina | rüpü |
| preto | estrada |
| " preto da estrada" | |
- ngeno "sen", é probablemente unha redución de nge-no-el ("non sendo").
| ngeno | retrüpeyüm |
| sen | caxato |
| "sen caxato" | |
