Modo

As distincións de modo vincúlanse coa consistencia que o falante atribúe o seu enunciado. as afirmacións exprésanse no modo indicativo (akun "cheguei); as suposicións en subxuntivo (akuli " se chego"); o desexo ou esperanza, rogo ou orde e mandato exprésase en imperativo ou volitivo (lape " que morra").

Hai tres modos: indicativo, subxuntivo e imperativo.


Prefixos modais

En Mapudungun hai tres modais:

Kim- "saber",küpa- "querer" e pepi- "poder".

Estes prefíxanse a unha raíz verbal ou a un tema complexo.

Prefixación a unha raíz verbal: rüngkü "saltar" e ao engadirlle o modal Kim-rüngkü adopta o seguinte significado: saber saltar.

Un caso de prefixación a un tema sería o seguinte: pepitrepel ( poder espertar a alguen) o modal pepi- engádese ao tema trepel ( espertar a alguen), de "trepe" (espertar) e -l transitivizador.

Outros morfemas modais

A Implicatura Rota.(IR)

Márcase co sufixo -fu e indica que o resultado esperado non ocurre:

Umawtu- fu- y tati pichi wentru
durmir- IR- IND ART pequeno home

=O neno quería durmir (pero non podía)

A forma a-fu.

A conbinación do sufixo -fu (implicatura rota) e o marcador de futuro -a resultan en oracións condicionais contrafactuais (irreais):

Elu- a- fu- i- ñ ko
dar - FUT- RI- DIR- 1sg auga

=Daríalle auga

Esta combinación pode usarse para facer peticións educadas ou ofrecimentos:

Pichin kofke- tu - a - fu- y - mi?
pequeno pan - TU- FUT- RI- IND- 2sg

=Gustaríache un pouco de pan?