Demostrativos
Os pronomes demostrativos son tres:
tüfa: este
tüfey: ese
ti(y)e: aquel
Aparecen sen tü cando combinan con adposicións: fapüle ( aquí), feymew (aquel), e fey que parece máis frecuente que tüfey como demostrativo de lonxania.
A marca de número pode expresarse de dúas formas: tüfanyegu (estes dous), ou pu tufanyegün (estos).
Cando engadimos -chi o demostrativo precede ó nome principal: tüfachi pu wentru (este home). Tüfachi tamén pode aparecer como tachi, tichi e ti. Parece que estas formas perderon moito a súa forza tüfachi, (ta)ti e especialmente, (ta)chi funcionan habitualmente como artículo definido.
Numerais
O mapudungun presenta un sistema decimal.
| 1 | kiñe |
| 2 | epu |
| 3 | küla |
| 4 | meli |
| 5 | kechu |
| 6 | kayu |
| 7 | regle |
| 8 | pura |
| 9 | aylla |
| 10 | mari |
Os números superiores ó dez fórmanse por xustaposición, por exemplo:
12: mari epu
20: epu mari
Os numeros máis complexos seguen as seguintes reglas:
28: (2*10)+8= epu mari pura
305. (3*100)+5= küla pataka ketchu
9999: aylla warangka ailla pataka aylla mari aylla
