A expresión de participantes en cláusulas transitivas e intransitivas.

O guaraní ten, de acordo con Velázquez Castillo (2002) un sistema axentivo ou activo, isto é, onde o relevante son as funcións semánticas axente e paciente, máis que as funcións sintácticas suxeito e obxeto. Quedan restos tamén dun sistema de aliñación xerárquica (ou marcación directa).

Axente e Paciente en forma nominal

Claúsulas transitivas

As cláusulas transitivas teñen dous participante inherentes: un deles é prototipicamente Axente (A), o que fai a acción, e o o outro é prototípicamente Paciente (P), o afectado pola acción ou o resultado da mesma. Se A e P están expresados por medio de nomes ou pronomes en cláusulas transitivas, a orde de constituíntes é AVP, pero pode variar

Peruo-haipeteikuatiañe’ e
Pedro3sg-escribirunhacarta

“Pedro escribe unha carta"

A orde axuda a distinguir cada función: A (antes do V) - P (despois do V), pero tamén existen marcas no V: prefixos de número e persoa.

Se o paciente é animado pode ir marcado opcionalmente pola posposición locativa -pe

Tomaoi-nupãJose-(pe)
Toma3sg-pegarJose-LOC
‘Tomás pegoulle a Jose’

Cláusulas intransitivas

Nas cláusulas intransitivas hai un só participante inherente (S), que se está expresado por medio dun nome ou pronome aparece tipicamente antes do verbo (SV), aínda que a posición tamén pode ser variable.

Cheo-sê
Meupai3sg-saír

“Meu pai sae”

Prefixos de número e persoa

Existen dúas series de prefixos de número e persoa. O verbo levará un prefixo correspondente a unha das dúas series.

Persoa/NúmeroActivoInactivo
1 singulara-che-
1 inclusivoja-ñane-
1 exclusivoro-ore-
2 singularre-ne-
2 pluralpe-pene-
3o-i-/ij-/iñ-

Verbos transitivos

Nas cláusulas transitivas, o máis frecuente é que o prefixo de número e persoa sexa da serie Activa, concordando con Axente(A):

o-haipeteikuatiañe’ e
3sg-escribirunhacarta

“escribe unha carta"

Pero se o paciente (P) é de primeira ou segunda persoa, o verbo concordará con el, mediante un prefixo da serie Inactiva

Ha’éore-juhu
el1EXCL-atopar

“El atópanos”

Nde-juhu
2SG-atopar

“Atópate”

Esta preferencia, determinada pola persoa, reflicte restos dun aliñamento xerárquico: 1/2 > 3, que aínda subsiste noutras linguas da familia como o chiriguano.

Verbos intransitivos activos

Os predicados intransitivos de acción toman prefixos da serie activa, identificando o participante único como axente

o-úkuche
3SG-vironte

“Veu onte”

(Che)a-guata
Eu1sg-walk
‘Eu camiño’

Son deste tipo os verbos de acción como jeroky, 'bailar', guata 'camiñar', guah˜e 'chegar'. Tamén verbos de actividade como pupu 'ferver', e verbos de resultado espontáneo como manõ 'morrer'

Verbos intransitivos inactivos

En cambio os predicados estativos toman prefixos da serie inactiva, identificando o participante único como paciente

(Che)che-rasy
Eu1sg-enfermo

‘Estou enfermo’.

Son deste tipo predicados estativos como rasy 'estar enfermo', vare’a 'ter fame’, kane’õ 'estar canso'. Tamén actividades fisiolóxicas como hu’u ‘tusir’, ras˜e ‘chorar’ ou atı˜a ‘roncar’

Algún verbos activos poden tomar prefixos inactivos para expresar unha actividade habitual ou característica. Compárense:

a-’yta (activo)‘Nado / estou nadando’
che-’yta (inactivo)‘son nadador’

Atribución

As estruturas atributivas constrúense sen verbo porque non existen verbos copulativos (ser, estar, parecer):

Pemitãchememby
Estenenomeufillo

“Este neno é meu fillo”

Neste caso só a orde pode diferenciar o SUX (1ªposición) do PREDICADO non verbal (2ª posición).

A oración anterior inclúese dentro do grupo das copulativas identificativas ou ecuativas, pero tamén existen as copulativas clasificadoras, as cales se forman igualmente coa xustaposición:

Chesyyvate
a miñanaialta

"A miña nai é alta"

Pero en xeral, o principal equivalente das oracións atributivas son as predicacións intransitivas inactiva, con predicados de estado, que poden formarse sobre nomes, adxectivos ou adverbios engadíndolles prefixos de número e persoa da serie inactiva:

Chesyi-pora
Miñanai3sg-guapa

“Miña nai é guapa”

Mediante este mesmo procedemento pódese expresar posesión:

Pekaraii-pirapire
Eseseñor3sg-diñeiro

“Ese señor ten diñeiro”

Circunstanciais

Para expresar as funcións non centrais (CIND e CCIRC), no guaraní empréganse sufixos / posposicións:

Jahuao-muñakururukokué-pe
Can3sg-perseguirsapocampo-en

“O can persegue o sapo no campo”

O-se-gua’uh-oga-gui
3sg-sair-aparencialsúa-casa-de

“Parece que sae da súa casa”

As posposicións clasifícanse en:

  • Monosilábicas: gua / gui “de, do”, pe / me “a, en”, re “por”.
  • Polisilábicas: guive “desde”, hagua “para (con verbos)”, guarâ “para” (con substantivos), peve / meve “ata”, ári “sobre”, rire “depois”, rupi / rehe “por”, ndive “con”.

Referencias adicionais

  • Velazquez-Castillo, Maura. 2002. Grammatical relations in active systems: The case of guarani. Functions of Language 9, (2): 133-167.