Orde de constituíntes

No guaraní, a orde de constituíntes, máis común, da oración é a seguinte: Suxeito Verbo Obxecto

SVO

-> Exemplo:

Mariao-joguachipakuehe
María3ª-comprarchipaonte

"María comprou chipa onte"

Pero tamén se admiten outras ordes, xa que a ordenación de constituíntes pode alterarse con bastante liberdade:

-> Exemplo:

kueheo-joguaMariachipa
onte3ª-comprarMaríachipa

"Onte comprou María chipa

En xeral, o obxecto vai case sempre posposto ao verbo. O suxeito, cambio ten unha posición máis variable no discurso.

O sintagma nominal: orde

A ordenación do sintagma nominal corresponde ao seguinte modelo: DET NUC MOD

-> Exemplos:

  • che sy "a miña nai"
  • ajaka pyahu "canasto novo"

Oracións de relativo: orde

Os oracións de relativo seguen tamén ao nome do que dependen, igual que os adxectivos que modifican aos nomes:

-> Exemplo:

NUCMOD
Mba'asyre-rekó-vai-vaí
enfermidade2sg-ter-rel.pres3ª-ser mala

"A enfermidade que tes é mala"

Outros modificadores do nome

  • Sintagmas que indican posesión alienable ou inalienable: seguen a orde 'MOD(posuídor)-NUC(cousa posuída)'.

Esta ordenación non se corresponde coa orde VO, a orde esperada sería NUC MOD <-> posuídor-cousa posuída

yvyrarogue
árborefollas

"As follas da árbore"

  • Sintagmas que indican materia ou procedencia: pospóñense ao núcleo: NUC - MOD(MATERIA/PROCEDENCIA)

-> Exemplo:

pohãka'aguy
remediobosque

"Menciña do bosque"

Adposicións

O guaraní é unha lingua postposicional, tende a situar os afixos despois dos núcleos e non ten preposicións, como esperaríamos da orde VO. Esta situación débese a que as linguas en xeral mostran rasgos tipolóxicos mixtos, non se adscriben perfectamente a un único tipo, senón que incorporan características de varios.

-> Exemplo:

óga-gui
casade

"De casa"

Conxuncións subordinantes

As conxuncións subordinantes tamén se pospoñen ao verbo, mantendo o seu carácter de lingua postposicional.

-> Exemplo:

nd-o-japó-io-i-kuaa-'ŷrehe
neg.3ª-facer-neg.3ª-v.tem.-saber-neg.porque

"Non o fai porque non sabe"