As raices nominais non se distinguen das verbais mais que polos morfemas específicos correspondentes.

As raices nominais poden ser uniformes, biformes ou triformes dependendo de se cambia a súa forma consonte o entorno gramatical, isto é, cando levan ou implican modificadores posesivos:

  • Uniformes: invariables.

Exemplos: karu "comida", jagua "can".

  • Biformes: teñen dúas formas:
* Forma absoluta: engade un t- inicial.

Exemplos: túva o-sẽ padre 3sg-saír "O pai sae"

* Forma constructiva: suprime a última sílaba e substitúe o t- inicial por un r-. Esta forma emprégase para indicar posesión (agás a de 3ª persoa, que usa a forma absoluta). Só existen 6 substantivos biformes en guaraní e todos eles indican parentesco.

Exemplos: che rú o-sẽ o meu pai 3sg-saír "O meu pai sae"

  • Triformes: engaden aos biformes unha especificación para a posesión de 3ª persoa: incorporación dun h- inicial.

Exemplos: h-embi'u a súa-comida "A súa comida"

Os nomes só admiten morfemas de número e de tempo, o xénero non ten marcas productivas en guaraní.

Número

As distincións que se fan son as de singular e plural.

En singular non leva marcas mentres que o plural pode ser de varios tipos:

  • O plural especifico discriminativo (enfático frente o singular) leva a posposición kuera/guera pero non é moi produtiva.
  • O plural específico de multitude engade o sufixo eta/ita segundo o contexto fonético. Esta marca afecta a toda a frase e non é específica do nome.

Exemplo:

  • yvoty porá-ita
flor bonita-moitas
“Moitas flores bonitas”

Tempo nominal

Nos nomes, as marcas de tempo indican referencia temporal do nome con respecto ó momento presente. Poden indicar pasado ou futuro, exprésanse mediante sufixos:

  • Pasado: -kue / -ngue -re
  • Futuro: -rã
  • Futuro frustrado: -rangue

Exemplos:

  • Che oga-kue
miña casa-pasado
“A miña antiga casa”
  • Che menã-rã
Meu marido-fut
“O meu futuro marido”
  • Che aranduka-rangue
Meu libro-fut. frustrado
“O libro que houbo ser meu”

Xénero

Non hai marcas de xénero produtivas. Se se quere expresa-lo sexo, utilízanse como posposicións as raíces nominais kuña ‘femia, muller’ e kuimba’e ‘macho, home’. Existe o sufixo me que serve para forma-lo masculino dalgunhas palabras que son orixinariamente femininas.

Orde de constituíntes na frase

En xeral o guaraní segue a orde DET + NÚCLEO + MODIFICADOR. Nos casos en que existe un posuídor modificando ao nome, aquél anteponse ao núcleo.

O guaraní é unha lingua que só ten postposicións.