Marcas de negación no verbo

En guaraní pódese negar a oración con marcas afixadas á raíz verbal.

As marcas son discontínuas: nd-/n- raíz verbal - i/-ri.

Poden apreciarse variacións nas vogais que se engaden entre a marca prefixal e a raíz. As posibilidades son as seguintes:

PersoaSingularPlural
1ª excluíntend-/n-ndo-/no-
1ª incluínteØnda-/na-
nde-/ne-nda-/na-
nd-n-nd-/n-
Exemplos:
Nde-re-karu- i
NEG-2SG-comer-NEG
"Non comes"
Na-pene-kane'õ-i
NEG-2PL-estar canso-NEG
"Non estades cansos"

Negación dos modos imperativo e optativo

  • Imperativo: emprégase o adverbio negativo ani anteposto ao verbo.
Exemplo:
Ani e-ju
Non 2SG-ir
"Non veñas"
  • Optativo: engádese o sufixo de privación .
Exemplo:
T-o-mba'apo
OPT-3SG-traballar-NEG
"Que non traballe, ogallá non traballe"

Tempos con negación especial

  • Futuro con -ta: -ta substitúese por -mo'ã e despois engádense as marcas normais de negación nd- ... -i.
Exemplo:
Nd-a-guata-mo'ã-i
NEG-1SG-camiñar-FUT-NEG
"Non vou a camiñar"
  • Futuro con -ne: anteponse ao morfema -ne o segmento -mo'ãiche (futuro negativo [mo'ã] + sufixo negativo [i] + che).
Exemplo:
nd-a-guata-mo'ãiche-ne
NEG-1SG-camiñar-NEG-FUT
"Probablemente non camiñarei, non camiñaría"

Negación oracional

En guaraní existen dúas formas de expresar a negación a nivel oracional:

  • Afixos unidos ao verbo [Marcas de negación no verbo]
  • Adverbios de negación: ne'ĩra. Neste caso o adverbio marca negativamente toda a oración, polo tanto substitúe tódalas marcas negativas.
Exemplo:
ne'ĩra o-u
ADV.NEG 3SG-vir
"Non vén aínda"

Categoría: Negación