A determinación exprésase mediante os demostrativos e os posesivos.

Artigos

  • Os artigos definidos non existen. No seu lugar utilízase o adxectivo demostrativo "pe".

Por influencia do español o uso dos artigos "la" e "lo" estase a estender:

* la: singular e plural
* lo: plural
  • Os artigos indefinidos tampouco existen. O adxectivo numeral "petei" encárgase desta función.

Demostrativos

Os demostrativos van diante do nome e poden ser de dúas clases:

  • Demostrativos de presenza: indican que o obxecto está á vista.

ko: este, esta; pe: ese, esa; amo: aquel, aquela; â: estos, estas. ko’â: estes, estas; umi: eses, esas, aqueles, aquelas.

  • Demostrativos de ausencia: sinalan obxectos que non están á vista.

ku: ese, esa; upe: ese, esa; aipo: aquel, aquela; ako: aquel, aquela. umi: para todo o plural

Os demostrativos pódense pronominalizar engadindo o sufixo va:

Posesivos

A posesión pode expresarse con posesivos ou sintacticamente, por medio da xustaposición (véxase "Modificadores").

Os posesivos, igual que os demostrativos, van diante dos substantivos.

Un posuidor

1ª persoa: Che

2ª persoa: Nde, ne

Varios posuidores

1ª persoa incluínte: Ñande, ñane

2ª persoa excluínte: Ore

3ª persoa: Pende, pene

Na terceira persoa do Guaraní non existen formas independentes de posesion. Exprésase mediante a prefixación dos morfemas i, ij, hi’, h, iñ dependendo do contexto fónico. Ademais, engádese o sufixo kuera (oral)/nguéra (nasal). Igual que os demostrativos, os posesivos pódense pronominalizar co sufixo mba’e.

Numerais

Nun principio o sistema numérico do guaraní constaba tan só de catro números (sistema cuaternario):

  • Peteĩ "un"
  • Mokõi "dous"
  • Mbohapy "tres"
  • Irundy "catro"

Recentemente o doutor Decoud Larrosa inventou o sistema numeral vixente na actualidade. A incorporación principal foi a inclusión do número cinco: po "man".

  • Os número do 6 ao 10 fórmanse por composición:
6 = 5 + 1: po + teĩ (de peteĩ)= poteĩ
  • A serie dos número do 11 ao 15 constrúese dun xeito similiar, pero substituíndo o número cinco (po) polo dez (pa):
11 = 10 + 1: pa + teĩ = pateĩ
  • Os números do 16 ao 19 fórmanse igual que os anteriores, pero partindo do número quince (papo):
16 = 15 + 1: papo + teĩ = papoteĩ
  • O número 20 obtense mediante a fórmula "dous dez" = mokõi + pa = mokõipa
  • A serie do 21 ao 30 fórmase por xustaposición do número vinte (mokõipa) e as unidades do 1 ao 9:
21 = mokõipa peteĩ
29 = mokõipa porundy
  • As restantes decenas (ata 100) constrúense igual que esta última serie
  • O número 100 identifícase coa palabra sa.
  • As centenas tamén se forman da mesma maneira:
200 = mokõisa
  • Os ordinais constrúense engadindo o sufixo tónico ha ao cardinal:
1º = peteĩ-ha
4º = irundy-ha
  • Os distributivos engaden o sufixo ve ao cardinal:
"os dous" = mokõi-ve
  • Os días da semana están compostos pola palabra ára "día" + os números do 1 ao 7:
Domingo = día + un = ára + teĩ = árateĩ