Aglutinación

O guaraní, como lingua aglutinante, cumpre as dúas condicións imprescindibles dunha lingua deste tipo: segmentabilidade dos morfemas e invariación. As palabras poden constar de máis dun morfema (polimorfemáticas), pero os límites entre eles distínguense con facilidade. En canto a invariabilidade, cómpre apuntar que soamente se altera por causas fonéticas, como a harmonía nasal: karu "comer", mo-ngaru "facer comer".

Como se pode ver nos seguintes exemplos as palabras do guaraní constan de raíz e afixos (prefixos e sufixos)

Mitã o-ñe-monde o-hó-vo jerokhy-há-pe
Neno 3SG-REF-vestir 3SG-ir-para bailar-locativo-en
"O neno vístese para ir ó baile"

Por este procedemento, a adición de prefixos e sufixos a unha raíz, pódense formar palabras bastante complexas, con morfemas fácilmente distinguibles

ndaguatamo’ãichene
nd- a- guata -mo’ã -i -che -ne
NEG- 1SG- camiñar -FUT NEG -NEG - ? -FUT INCERTO
"Probablemente non camiñarei / camiñaría"
ojeguerohoryta
'o- je- guero- hory -ta
3SG- PASIVA- APLICATIVA- agasallar -FUTURO
"Será agasallado"

omonembyasyukagui

o-mo-ne-mbyasy-uka-gui
3SG-CAUS.-REFL-lamentar-CAUS.-CAUSAL
"Porque lle fixo lamentarse"

ndoguataporai

nd-o-guata-pora-i
NEG-3SG-camiñar-ben-NEG
"Non camiña ben"

MORFOLOXÍA DERIVATIVA

En guaraní os principais mecanismos para a formación de palabras son a derivación e a composición, aínda que tamén existen outros coma a incorporación ou a duplicación.

DERIVACIÓN

A derivación consiste na incorporación de afixos ás palabras, afixos que poden cambiar ou non a categoría desa palabra. A maior parte destes afixos son sufixos.

Os afixos que modifican a categoría da palabra conforman un paradigma, xa que so se presentan acompañando a unha raíz, diferéncianse claramente e son monovalentes. No guaraní existen os seguintes afixos:

  • -kue (adxectivo-nominal): forma nomes a partir de raíces adxectivas:
puku "largo" -> puku-kue "lonxitude"
  • -py/mby, pyre/mbyre: únense a verbos, nomes e adxectivos. Poden cambiar ou non a categoría da base á que se engaden. Cando cambian a categoría soen formar nomes:
japouka "hacer", "mandar" -> tembi-apouka-py "mandato"
pytu "oscuro, oscuridad" -> pytu-mby "semioscuro, crepúsculo"
  • tembi / temi- (verbo-nominal): forma nomes a partir de verbos. É o único prefixo derivativo do guaraní para formar palabras por derivación:
mbo'e "ensinar" -> temi-mbo'e "alumno"
  • ha / hara (verbo-nominalizador): forma nomes a partir de verbos. Os significados que pode aportar este tipo de sufixos son o locativo (lugar onde se realiza a acción) e axentivo (persoa que realiza a acción):
mba'apo "trabajar" -> mba'apo-hára "traballador", mba'apo-ha "lugar de traballo"
  • -o (nomino-verbal): forma verbos a partir de nomes, con significado de erradicar, arrancar:
akã "cabeza" -> akã'o "decapitar"

Pero tamén existen afixos que non modifican a categoría da base, compórtanse unicamente como sufixos. Son os seguintes:

  • -í/e'ŷ (sufixo privativo): engádese a verbos, nomes e adxectivos:
vy'a "alegría" -> vy'aŷ "tristeza"
  • -'i, -mi (diminutivos e atenuadores):
mitã "neno" -> mitã'i "neniño"
  • -ty/ndy (colectivos):
avati "millo" -> avati-ty "millaral"
  • -ve (sufixo negativo):
ava "quen" -> ava-ve "ninguén"

COMPOSICIÓN

A composición consiste na unión de raíces léxicas independentes para formar unha palabra composta. O significado da palabra resultante non ten por qué ser a suma dos signficados das partes:

-> Exemplo: akã "cabeza", perõ "pelado" -> akã-perõ "calvo"

INCORPORACIÓN LÉXICA

A incorporación léxica é outro procedemento de unión de raíces para crear novas palabras, pero en guaraní só se emprega para incorporar o obxecto no verbo.

Unha composición de raíces deste tipo consiste en engadir ao verbo o seu obxecto léxico, de tal forma que este obxecto convértese en parte do complexo verbal. Ocorre o mesmo nos verbos pronominais (predicativos transitivos): a incorporación do OD (so na 1ª e 2ª persoa) utilízase como unha marca de concordancia co obxecto (non de número e persoa). En guaraní, un verbo transitivo pode incorporar o seu obxecto formando un complexo verbal con significado novo. Este novo sentido pode deducirse do significado das partes, pero non ten por qué equivaler á suma delas. O obxecto incorporado sitúase entre os prefixos de concordancia (número e persoa) e a raíz verbal.

-> Exemplo:

ko'õ "irritar", hesa "ollo" -> o-hesa-ko'õ "molesta aos ollos, ofende"

Tamén é posible a incorporación cando o obxecto é un sintagma nominal con modificadores:

-> Exemplo:

che po "a miña man"
a-che po-hei
1sga miña man-lavar

"lavo a miña man"

O complexo verbal resultante é intransitivo. Existe similitude entre os procesos de incorporación do pronome e o do obxecto.

DUPLICACIÓN LÉXICA

O procedemento da duplicación é moi productivo en guaraní, gracias a él incorpórase un matiz enfático ao enunciado. Non existen restriccións categoriais con este mecanismo.

-> Exemplo:

E-jere-jere
2sg. imper. -darse a volta-darse a volta
"Dése a volta (con énfase)"

Nasalización

En guaraní os procesos morfofonolóxicos de nasalización son moi productivos. Unha sílaba nasal nasaliza as sílabas adxecentes na mesma palabra. Por iso moitos morfemas teñen unha variante nasalizada e outra non nasalizada (por exemplo, o sufixo -pe / -me, 'en')

-> Exemplo:

  • óga-pe "na casa"
  • ñu-me "no campo"