Coordinación

Para construir oracións coordinadas empréganse conxuncións que unen os dous membros.

Algunhas das conxuncións posibles son:

  • Ha: conxunción copulativa "y"
  • Tẽra: conxunción disxuntiva "ou"

Exemplos:

o-kañyche-heguichejagua'ihaa-juhuka'aguy-pe
3SG-desaparecermeu-demeucan-DIMe1SG-atoparmonte-en

"O meu canciño perdeuse e atopeino no monte"

Chesyo-mba'apokokué-petẽrao-ĩhóga-pe
Miñanai3SG-traballarchacra-enouestar en lugarsúa-casa-en

"A miña nai traballa na chacra ou está na súa casa"

Subordinación

A subordinación en guaraní distínguese porque o nexo subordinante sitúase posposto ao verbo subordinado (despois dos seus morfemas verbais de concordancia, tempo, modo, aspecto ou negación).

Existen dous tipos de posposicións subordinantes:

  • Posposicións monosilábicas: son elementos morfemáticos sufixados ao complexo verbal. Exemplo: ha "que"
  • Posposicións polisilábicas: son nexos independentes que se separan gráficamente do complexo verbal. Exemplo: guive "se"

Dependendo do nexo empregado, construiranse oracións completivas, adverbiais ou relativas.

Subordinación completiva

As completivas fórmanse coa posposición ha. Este nexo incorpora marcas temporais, segundo a variante que se empregue:

  • Ha: nexo non marcado temporalmente. Úsase cos verbos en presente ou futuro.

Exemplo:

Peruo-momaranduchejagua'io-mano-mbota-ha
Pedro3SG-avisarmeucanciño3SG-morrer-FUT-que

"Pedro avisoume de que o meu canciño vai a morrer"

  • Hague: nexo con marca de pasado. Cando aparece hague, as morfemas temporais normais no verbo desaparecen.

Exemplo:

Peruo-momaranduchejagua'io-mano-mbotahague
Pedro3SG-avisarmeucanciño3SG-morrer-FUTque-PAS

"Pedro avisoume de que o meu canciño morreu"


Outro procedemento para formar completivas aparece nas subordinadas completivas de CDIR con verbos de percepción e con verbo subordinado en imperativo ou optativo. Nestes casos o nexo elimínase.

Exemplo:

Nd-a-hendu-ire-guahẽ
NEG-1SG-oír-NEG2SG-chegar

"Non te oín chegar"

Subordinación adverbial

Este tipo de subordinación é similar ao anterior: empréganse nexos subordinados pospostos ao verbo subordinado. Dentro das adverbiais atopamos os seguintes tipos:

  • Locativas: utilizan o nexo ha xunto con posposicións locativas.

Exemplo:

Pemitão-jui-syo-ju-ha-gui
Eserapaz3SG-virsúa-nai3SG-vir-REL-de

"Ese rapaz vén de onde vén súa nai"

  • Temporais: necesitan nexos subordinantes como vove, vo "cando"; rire "despois de"; mobyve "antes de"; peve, guive "dende que"; kuevo "ao mesmo tempo"; jave "mentres".

Exemplo:

A-joguavoveso'õa-hechaPeru
1SG-comprarcandocarne1SG-verPedro

"Cando ía comprar carne vin a Pedro"

  • Causais: fórmanse coas posposicións gui, rehe ou rupi "mediante, a causa de". Tamén poden combinar ha con alguna posposición.

Exemplo:

O-kyrupin-a-ju-imbo'ero-pe
3SG-choverporNEG-1SG-vir-NEGescola-en
  • Condicionais: constrúense co sufixo posposto ao verbo subordinado. Outra opción sería coas posposicións ramo, guive ou rire (condición en pasado).

Exemplo:

Re-ñe'ẽ-mbo'ehárao-mo-kirirĩnde-ve
2SG-falar-seprofesor3SG-CAUSATIVO-calarti-a

"Se falas, o profesor faite calar"

  • Concesivas: empregan posposicións jepe ou ramo jepe.

Exemplo:

O-i-keramo jepechekorapy-pen-a-ñe'ẽ-ihendive
3SG-V.TEM.-entraraínda quemeupatioNEG-1SG-falar-NEGcon el

"Aínda que entre no meu patio non vou falar con el"

  • Finais: necesitan as posposicións hãgua ou vo.

Exemplo:

Mitão-ñe-mondeo-hohãgua / vojerokyhá-pe
Neno3SG-REFLEXIVO-vestir3SG-irparabaile-en

"O neno vístese para ir ao baile"

Un tipo distinto serían as consecutivas porque se forman con elementos non subordinantes, con frases prepositivas (un demostrativo e unha posposición), máis parecidas a un conector que a un elemento subordinante.

Cláusulas relativas

As cláusulas subordinadas relativas poden levar antecedente expreso ou carecer del.

O relativo ou relativizador sufíxase ao complexo verbal subordinado: va. Neste elemento inclúense marcas temporais (igual que os nexos completivos)que distinguen os seguintes tempos:

  • Presente: relativo non marcado va.
  • Pasado: va'ekue
  • Futuro: va'erã

Exemplos:

E-gueruchipare-joguava'ekue
2SG-IMPER-traerchipa2SG-comprarREL-PAS

"Trae a chipa que compraches"

A-i-kotevẽchipaa-joguava'erã
1SG-V.TEM.-necesitarchipa1SG-comprarREL-FUT

"Necesito a chipa que vou a comprar"

Cando as cláusulas relativas desempeñan funcións diferentes de SUX, CDIR e Circunstancias non locativos, ou sexa, cando funcionan como CIND ou Circunstanciais locativos, elixen outros relativos:

  • Ha / hague
  • Ha ou va: tamén é posible empregar ha ou va indistintamente, coa condición de que va estea acompañado pola posposición que marca a súa función na oración: -pe (CIND), -gui "de", -re "por", -ndive "con"...

Exemplos:

Pekuñataĩre-ñe'ẽ-ha /-va-reo-kañy
Esamuller2SG-falas-REL /-REL-por3SG-desaparecer

"Esa muller de quen falas desapareceu"

Pemitare-ju-ha(ndive) /-va ndivecheangirũ
Eserapaz2SG-vir-REL (con) /-REL-conmeuamigo

"Ese rapaz co que vés é meu amigo"

Existen varias opcións de colocación do antecedente cando expreso:

  • Antecedente anteposto ao verbo subordinado co relativo: relación anafórica entre o antecedente e o relativo. Esta variante é a máis frecuente.
  • Antecedente posposto ao verbo subordinado: relación catafórica entre o antecedente e o relativo.

En xeral, o antecedente garda unha relación de adxacencia co verbo+relativo. Exemplos:

Kuñao-jeroky-vahendivei-porã-ite
muller3SG-bailar-quecon el3SG-ser bonita-INTENS

"A muller que baila con el é moi bonita"

Ña-ñemboéo-manó-vaanguerehe
1PL-pregar3SG-morrer-RELalmaspor

"Pregamos polas almas que morren"

Aínda que tamén hai excepcións. Exemplo:

PekuñaPeruo-me'ẽ-hajopóii-porã
EsamullerPedro3SG-dar-RELregalo3SG-ser linda

"Esa muller a quen Pedro da un regalo é linda"