Orde de constituíntes na cláusula

A orde básica do coreano é suxeito-obxecto-verbo ( S O V ). Esta orde non é estrita, agás a localización final do verbo. O esquema das palabras en coreano máis habitual é: adverbio de tempo-adverbio de lugar- frase nominal en nominativo- frase nominal en dativo- adeverbio de modo- frase nominal en acusativo- verbo. De todos os xeitos, calquera parte da cláusula se pode converter no tópico cun morfema -nun (-un despois de consoante)(cf. infra).

O suxeito pode ser un nome ou unha frase nominal e o predicado denota calquera cousa do suxeito ou da claúsula.

기 순 이오 렌 지 를산다
kisun-iorenji-lŭlsa-n-ta
Kisun-SUXlaranxa-OBXcomprar-PRES-DECL
SOV
"Kisun compra laranxas"

Como se pode observar neste exemplo a orde é a habitual (suxeito-obxecto-verbo) no coreano. Cada palabra incorpora os morfemas de caso e tempo. No verbo tamén se engade a modalidade da cláusula, neste caso declarativa. Este morfema vai pegado ó verbo porque sempre se sitúa no final.

Orde de constituíntes nas frases

Como regra xeral, os dependentes (modificadores ou complementos) preceden aos núcleos, as palabras principais das que dependen (DEP > NUC)

친구의결혼(Kin-Renaud: p. 178-9)
ch'in'gu-ŭikyŏrhon 
amigo-XENvoda 
DEPNUC 
"a voda do meu amigo"

ou ben,

친구결혼(Kin-Renaud: p. 178-9)
ch'in'gukyŏrhon 
amigovoda 
DEPNUC 
"a voda do meu amigo"

Obs:

  • O xenitivo que se presenta no primeiro destes dous exemplos é unha partícula de xenitivo partitivo, que en moitos casos marca posesión. A construción máis habitual é a que leva o morfema de caso, pero é posible a opción sen esa marca, que se sobreentende pola orde lóxica do coreano (modificador-núcleo), aínda que sería unha frase marcada enfaticamente.
춤추는여자(Kin-Renaud: p. 200)
ch'umch'u-nŭnyŏja 
bailar-MODmuller 
DEPNUC 
"unha muller que baila"
좋은친구(Kin-Renaud: p. 201)
cho-unch'in'gu 
bo-MODamigo 
DEPNUC 
"un bo amigo"

Obs.:

  • Nas cláusulas de relativo o modificador tamén antecede ó núcleo. Esta é unha construción prototípica para engadir calquera calidade dos nomes, posto que en coreano non existe a categoría dos adxectivos. Iso provoca que os equivalentes coreanos dos adxectivos do galego funcionen como unha cláusula de relativo na que intervén un verbo. Neste último exemplo a tradución máis próxima ó orixinal sería "un amigo que é bo".

Tópico

Como se comentou na orde dos elementos da cláusula, a orde prototípica do coreano é SUX-OBX-VBO, pero non é unha orde obrigada, senón a non marcada. Calquera cambio de orde xa indica unha estrutura marcada, pero para dar unha información nova que sexa distinta do que habitualmente é o tópico, o suxeito, marcase mediante un morfema casual, que nalgúns casos vai acompañada de cambio de orde. O morfema de tópico é -nun (co alófono -un despois de vogal). Por exemplo: