Aumento de transitividade

Causatividade

A forma causativa dun verbo V significa 'facer V', por exemplo 'saber' --> 'ensinar' (='facer saber')

kim-lay winkadungun
saber-NEG castelán
"Non coñece o castelán"
mama kim-el-e-n-ew ngüreutralen
Miña nai saber-CAUS-INV-1sg-3sg a tecer
"Miña nai ensinoume a tecer"

Os sufixos causativos máis produtivos son: -(ü)l, -(ü)m. Ámbolos dous sufixos converten formas verbais intransitivas en transitivas, coa diferenza de que o participante único da forma intransitiva á que se engade o sufixo -l é máis axentivo e o participante único da forma intransitiva a que se engade o sufixo(ü)m é máis pacientivo.

Referencias adicionais