Os verbos do mapudungun combínanse tamén con morfemas direccionais que indican a orientación do proceso en relación co falante ou o destinatario
Os sufixos direccionais que aparecen co verbo inclúen o cislocativo -pa "cara aquí" e o translocativo -pu "cara alí" (cf. os verbos küpa- "vir" e pu(w)- chegar alí):
lef | -pa | -y | -mi |
correr | -CIS- | IND | 2sg |
=Ti corres cara aquí. |
lef | -pu | -y | -mi |
correr | TRANS | IND | 2sg |
=Ti corres cara alí.
Estes sufixos tamén poden indicar movemento con verbos que non son de desprazamento:
Pe-n | tañi | wenüy |
ver-1sg | 1sgPOS | amigo |
=Vin o meu amigo
Pe-pa-n | tañi | wenüy |
ve-CIS-1sg | 1sgPOS | amigo |
=Vin aquí para ve-lo meu amigo
Existe ademais, un morfema andativo -me que implica que un volveu despois de terminar o proceso indicado polo verbo:
Pe-me-n | tañi | wenüy |
ver-AND-1sg | 1sgPOS | amigo |
=Fun alí a ve-lo meu amigo (e volvín)