Orde na cláusula

No Mapudungun a orde de palabras é libre, pero con preferencia da enfatización ao comezo da cláusula. As posibilidades de orde son ( S-V-O; V-S-O; V-O-S; O-V-S, e raramente, a orde O-S-V).

Un exemplo de S-V-O:

feychi weche ye-y ñi we ngapiñ
ART mozo levar-IND 3pos acabar casada muller
"O mozo trouxo á muller coa que acababa de casar".

Un exemplo de de V-S-O:

Rume rakiduam-ürke-y tüfachi kuñifall wentru tañi femngechi fem-ün tachi pichi trewa
Moito pensar-QUOT-IND este pobre home 3POSS así facer-INF ART pequeno can
"Este pobre home pensou moito porque o can pequeno fíxoo así"

Orde na frase nominal

A orde de contituíntes non marcada en mapudungun é dependente-núcleo. Exemplos:

AN:

Kiñe chod alka
Un amarelo galo
="Un galo amarelo"

XN :

Chi karukato ñi kulliñ
O veciño seu animal
="O animal do veciño"

RelN:

Küdaw-küle-chi wentru
Traballar-PROG-ATR home
="Home que está traballando"

Para formar cláusulas relativas é habitual verbalizar un adxectivo e convertilo nunha forma non finita mediante sufixos verbais non finitos como por exemplo -lu; outra estratexia posible é usar o sufixo -chi en lugar destas terminacións non finitas. Unha forma marcada con -chi, precederá ó núcleo mentres que unha forma atributiva -lu irá posposto:

Ti küdaw-chi wentru
ART traballar-ATR home

="O home que traballa"

Ti wentru küdaw-lu
ART home traballar-lu

="O home que traballa"

Adposicións

No mapudungun hai preposicións e posposicións .

A adposición máis frecuente en mapudungun é a postposición mew, que ás veces redúcese a mo/mu.
Pode significar unha relación espacial designada polo verbo:

Amu-a-n waria mew
IR-FUT-1sg cidade POSTP
"Vou á cidade"
Waria mew küpa-n
cidade POSTP vir-1sg
"Veño da cidade"

Tamén pode significar "por causa", "despois":

Teyfu-nge-we-y am nüyür mew
Destruir-PAS-xa-IND PART terremoto por
"Xa foi destruído polo terremoto"

Tamén existen preposicións, derivadas de verbos ou adverbios, como as seguintes:

  • pu "alí, en". Está relacionada co translocativo verbal -pu ("alí") e posiblemente co verbo pu(w) "chegar alí".
pu waria
en cidade
"na cidade"
  • ina "preto", e como adverbio significa axiña.
ina rüpü
preto estrada
" preto da estrada"
  • ngeno "sen", é probablemente unha redución de nge-no-el ("non sendo").
ngeno retrüpeyüm
sen caxato
"sen caxato"