Coordinación
Para construir oracións coordinadas empréganse conxuncións que unen os dous membros.
Algunhas das conxuncións posibles son:
- Ha: conxunción copulativa "y"
- Tẽra: conxunción disxuntiva "ou"
Exemplos:
o-kañy | che-hegui | che | jagua'i | ha | a-juhu | ka'aguy-pe |
3SG-desaparecer | meu-de | meu | can-DIM | e | 1SG-atopar | monte-en |
"O meu canciño perdeuse e atopeino no monte"
Che | sy | o-mba'apo | kokué-pe | tẽra | o-ĩ | hóga-pe |
Miña | nai | 3SG-traballar | chacra-en | ou | estar en lugar | súa-casa-en |
"A miña nai traballa na chacra ou está na súa casa"
Subordinación
A subordinación en guaraní distínguese porque o nexo subordinante sitúase posposto ao verbo subordinado (despois dos seus morfemas verbais de concordancia, tempo, modo, aspecto ou negación).
Existen dous tipos de posposicións subordinantes:
- Posposicións monosilábicas: son elementos morfemáticos sufixados ao complexo verbal. Exemplo: ha "que"
- Posposicións polisilábicas: son nexos independentes que se separan gráficamente do complexo verbal. Exemplo: guive "se"
Dependendo do nexo empregado, construiranse oracións completivas, adverbiais ou relativas.
Subordinación completiva
As completivas fórmanse coa posposición ha. Este nexo incorpora marcas temporais, segundo a variante que se empregue:
- Ha: nexo non marcado temporalmente. Úsase cos verbos en presente ou futuro.
Exemplo:
Peru | o-momarandu | che | jagua'i | o-mano-mbota-ha |
Pedro | 3SG-avisar | meu | canciño | 3SG-morrer-FUT-que |
"Pedro avisoume de que o meu canciño vai a morrer"
- Hague: nexo con marca de pasado. Cando aparece hague, as morfemas temporais normais no verbo desaparecen.
Exemplo:
Peru | o-momarandu | che | jagua'i | o-mano-mbota | hague |
Pedro | 3SG-avisar | meu | canciño | 3SG-morrer-FUT | que-PAS |
"Pedro avisoume de que o meu canciño morreu"
Outro procedemento para formar completivas aparece nas subordinadas completivas de CDIR con verbos de percepción e con verbo subordinado en imperativo ou optativo. Nestes casos o nexo elimínase.
Exemplo:
Nd-a-hendu-i | re-guahẽ |
NEG-1SG-oír-NEG | 2SG-chegar |
"Non te oín chegar"
Subordinación adverbial
Este tipo de subordinación é similar ao anterior: empréganse nexos subordinados pospostos ao verbo subordinado. Dentro das adverbiais atopamos os seguintes tipos:
- Locativas: utilizan o nexo ha xunto con posposicións locativas.
Exemplo:
Pe | mitã | o-ju | i-sy | o-ju-ha-gui |
Ese | rapaz | 3SG-vir | súa-nai | 3SG-vir-REL-de |
"Ese rapaz vén de onde vén súa nai"
- Temporais: necesitan nexos subordinantes como vove, vo "cando"; rire "despois de"; mobyve "antes de"; peve, guive "dende que"; kuevo "ao mesmo tempo"; jave "mentres".
Exemplo:
A-jogua | vove | so'õ | a-hecha | Peru |
1SG-comprar | cando | carne | 1SG-ver | Pedro |
"Cando ía comprar carne vin a Pedro"
- Causais: fórmanse coas posposicións gui, rehe ou rupi "mediante, a causa de". Tamén poden combinar ha con alguna posposición.
Exemplo:
O-ky | rupi | n-a-ju-i | mbo'ero-pe |
3SG-chover | por | NEG-1SG-vir-NEG | escola-en |
- Condicionais: constrúense co sufixo rõ posposto ao verbo subordinado. Outra opción sería coas posposicións ramo, guive ou rire (condición en pasado).
Exemplo:
Re-ñe'ẽ-rõ | mbo'ehára | o-mo-kirirĩ | nde-ve |
2SG-falar-se | profesor | 3SG-CAUSATIVO-calar | ti-a |
"Se falas, o profesor faite calar"
- Concesivas: empregan posposicións jepe ou ramo jepe.
Exemplo:
O-i-ke | ramo jepe | che | korapy-pe | n-a-ñe'ẽ-i | hendive |
3SG-V.TEM.-entrar | aínda que | meu | patio | NEG-1SG-falar-NEG | con el |
"Aínda que entre no meu patio non vou falar con el"
- Finais: necesitan as posposicións hãgua ou vo.
Exemplo:
Mitã | o-ñe-monde | o-ho | hãgua / vo | jerokyhá-pe |
Neno | 3SG-REFLEXIVO-vestir | 3SG-ir | para | baile-en |
"O neno vístese para ir ao baile"
Un tipo distinto serían as consecutivas porque se forman con elementos non subordinantes, con frases prepositivas (un demostrativo e unha posposición), máis parecidas a un conector que a un elemento subordinante.
Cláusulas relativas
As cláusulas subordinadas relativas poden levar antecedente expreso ou carecer del.
O relativo ou relativizador sufíxase ao complexo verbal subordinado: va. Neste elemento inclúense marcas temporais (igual que os nexos completivos)que distinguen os seguintes tempos:
- Presente: relativo non marcado va.
- Pasado: va'ekue
- Futuro: va'erã
Exemplos:
E-gueru | chipa | re-jogua | va'ekue |
2SG-IMPER-traer | chipa | 2SG-comprar | REL-PAS |
"Trae a chipa que compraches"
A-i-kotevẽ | chipa | a-jogua | va'erã |
1SG-V.TEM.-necesitar | chipa | 1SG-comprar | REL-FUT |
"Necesito a chipa que vou a comprar"
Cando as cláusulas relativas desempeñan funcións diferentes de SUX, CDIR e Circunstancias non locativos, ou sexa, cando funcionan como CIND ou Circunstanciais locativos, elixen outros relativos:
- Ha / hague
- Ha ou va: tamén é posible empregar ha ou va indistintamente, coa condición de que va estea acompañado pola posposición que marca a súa función na oración: -pe (CIND), -gui "de", -re "por", -ndive "con"...
Exemplos:
Pe | kuñataĩ | re-ñe'ẽ-ha / | -va-re | o-kañy |
Esa | muller | 2SG-falas-REL / | -REL-por | 3SG-desaparecer |
"Esa muller de quen falas desapareceu"
Pe | mita | re-ju-ha(ndive) / | -va ndive | che | angirũ |
Ese | rapaz | 2SG-vir-REL (con) / | -REL-con | meu | amigo |
"Ese rapaz co que vés é meu amigo"
Existen varias opcións de colocación do antecedente cando expreso:
- Antecedente anteposto ao verbo subordinado co relativo: relación anafórica entre o antecedente e o relativo. Esta variante é a máis frecuente.
- Antecedente posposto ao verbo subordinado: relación catafórica entre o antecedente e o relativo.
En xeral, o antecedente garda unha relación de adxacencia co verbo+relativo. Exemplos:
Kuña | o-jeroky-va | hendive | i-porã-ite |
muller | 3SG-bailar-que | con el | 3SG-ser bonita-INTENS |
"A muller que baila con el é moi bonita"
Ña-ñemboé | o-manó-va | angue | rehe |
1PL-pregar | 3SG-morrer-REL | almas | por |
"Pregamos polas almas que morren"
Aínda que tamén hai excepcións. Exemplo:
Pe | kuña | Peru | o-me'ẽ-ha | jopói | i-porã |
Esa | muller | Pedro | 3SG-dar-REL | regalo | 3SG-ser linda |
"Esa muller a quen Pedro da un regalo é linda"