As raices nominais non se distinguen das verbais mais que polos morfemas específicos correspondentes.
As raices nominais poden ser uniformes, biformes ou triformes dependendo de se cambia a súa forma consonte o entorno gramatical, isto é, cando levan ou implican modificadores posesivos:
- Uniformes: invariables.
Exemplos: karu "comida", jagua "can".
- Biformes: teñen dúas formas:
Exemplos: túva o-sẽ padre 3sg-saír "O pai sae"
Exemplos: che rú o-sẽ o meu pai 3sg-saír "O meu pai sae"
- Triformes: engaden aos biformes unha especificación para a posesión de 3ª persoa: incorporación dun h- inicial.
Exemplos: h-embi'u a súa-comida "A súa comida"
Os nomes só admiten morfemas de número e de tempo, o xénero non ten marcas productivas en guaraní.
Número
As distincións que se fan son as de singular e plural.
En singular non leva marcas mentres que o plural pode ser de varios tipos:
- O plural especifico discriminativo (enfático frente o singular) leva a posposición kuera/guera pero non é moi produtiva.
- O plural específico de multitude engade o sufixo eta/ita segundo o contexto fonético. Esta marca afecta a toda a frase e non é específica do nome.
Exemplo:
- yvoty porá-ita
Tempo nominal
Nos nomes, as marcas de tempo indican referencia temporal do nome con respecto ó momento presente. Poden indicar pasado ou futuro, exprésanse mediante sufixos:
- Pasado: -kue / -ngue -re
- Futuro: -rã
- Futuro frustrado: -rangue
Exemplos:
- Che oga-kue
- Che menã-rã
- Che aranduka-rangue
Xénero
Non hai marcas de xénero produtivas. Se se quere expresa-lo sexo, utilízanse como posposicións as raíces nominais kuña ‘femia, muller’ e kuimba’e ‘macho, home’. Existe o sufixo me que serve para forma-lo masculino dalgunhas palabras que son orixinariamente femininas.
Orde de constituíntes na frase
En xeral o guaraní segue a orde DET + NÚCLEO + MODIFICADOR. Nos casos en que existe un posuídor modificando ao nome, aquél anteponse ao núcleo.
O guaraní é unha lingua que só ten postposicións.