Estrutura morfolóxica do verbo guaraní
En guaraní existen tres tipos de verbos diferentes:
- Verbos predicativos: teñen signficado propio.
- Verbos atributivos: indican estado, cualidade ou posesión. Fórmanse sobre bases nominais, adxectivas ou adverbiais e constitúen o núcleo da predicación.
- Verbos pronominais (V. Incorporación léxica)
Na estrutura morfolóxica do verbo guaraní exprésanse as seguintes categorías gramaticais:
- Número e persoa (do axente ou do paciente): morfemas prefixados que varían segundo o tipo de verbo.
- Voz
- Grao
- Tempo
- Aspecto
- Modo
Concordancia de número e persoa
Normalmente a concordancia de número e persoa é subxectiva (non se explicita no verbo), excepto cando se incorpora o CDIR pronominal.
As marcas de número e persoa varían segundo o paradigma verbal:
- Verbos predicativos:
Persoa | Singular | Plural |
---|---|---|
1ª inclusiva | ja/ña | |
1ª exclusiva | a (i) | ro (i) |
2ª | re (i) | pe (i) |
3ª | o (i) | o (i) |
- Verbos atributivos:
Persoa | Singular | Plural |
---|---|---|
1ª inclusiva | ñande/ñane | |
1ª exclusiva | che | ore |
2ª | nde/ne | pende/pene |
3ª | i | i |
A orde dos morfemas no verbo é a que se indica na táboa seguinte:
Nº / persoa- | Voz- | Raiz | -Grao | -Tempo | -Aspecto | -Modo | Exemplos | ||
a- | Ø | japo | Ø | Ø | Ø | Ø | ajapo | 'fago' | |
o- | je- | japo | Ø | Ø | Ø | Ø | ojejapo | faise | |
o- | je- | japo | Ø | -kuri | Ø | Ø | ojejapokuri | fíxose | |
o- | ñe- | nupa | -ve | -ta | -hína | Ø | oñenupaveahína | (El) irá sendo máis castigado | |
ña- | mbo- | guata | -ve | -va'erâ | Ø | -mo'â | ñamboguataveva'erâ | Deberiamos ter feito camiñar máis (a alguén) |