O verbo mapuche é moi complexo. Na súa conxugación presenta formas finitas ou persoais e formas non finitas ou non persoais, que difiren entre si estrutural e funcionalmente.

FORMAS FINITAS OU PERSOAIS.

Na estrutura interna as formas finitas dun mesmo verbo varían en modo, persoa focal e número:

amu- nge
IR IMP.2º SG.

Anda!

amu-
IR IND. 1º PL

Fomos

amu- le
IR SUBX. 3º PERS

el/ela vai; eles/elas van.

Estas formas poden aparecer no predicado das oracións independentes, como palabra principal de cada un dos predicados de oracións coordinadas ou como palabra principal da oración subordinada.

FORMAS NON FINITAS OU NON PERSOAIS.

Os verbos mapuches presentan un total de oito formas verbais non finitas, mediante as que se poden expresar relacións de subordinación. Cada unha destas formas está marcada por sufixos propios (lu-; yüm, -uma; -el; -eteo; -n; -am; -num), que constitúe a chamada flexión verbal obligatoria non finita. Toda forma verbal non finita consta do tema verbal e dunha flexión verbal obrigatoria non finita.

As formas verbais non finitas aparecen no predicado das oracións subordinadas, cada unha delas nun tipo deiferente de subordinación segundo o tipo de sufixo que empreguen, por exemplo as formas que teñen o sufixo -yüm aparecen en oracións subordinadas temporais, as que presentan o sufixo lu- combinado con -a (futuro) aparecen como palabra principal do predicado de oracións subordinadas adverbias ou de finalidade. O mesmo tipo de subordinación pode estar expresado por máis dunha forma verbal.