Nas frases nominais do palenquero a característica máis salientable é a ausencia de oposicións morfolóxicas de xénero. Polo xeral, dise que tanto os substantivos como os adxectivos son invariables en xénero, de tal maneira que, dentro das frases nominais do crioulo, pódese falar de ausencia de concordancia gramatical de xénero. Estas formas invariables dos substantivos e adxectivos correspóndense co masculino singular do kateyano:

AkíPalengesutoátenbariafamiliariko
AquíPalenque1ªPl POSPERFhabervariasfamiliasricas
«Aquí no noso Palenque hai varias familias ricas»

A determinación do referente no crioulo palenquero

Os sistemas que sinalan a referencia específica ou inespecífica dos substantivos, son no palenquero xeneticamente mixtos, pois advírtese neles a dobre orixe da lingua: africana e española. Así, pódese comprobar que a referencia definida singular no palenquero é unha forma non marcada (Ø), mentres que as formas marcadas dos artigos correspóndese co plural, tanto definido coma indefinido. No seguinte cadro trátase de recoller de maneira esquemática os artículos do palenquero:

 DEFINIDOINDEFINIDO
SINGULARØ ou éun
PLURALmaun ma

O verificar estes datos pódese comprobar que a expresión do artigo definido plural é a do pluralizador, ma, polo tanto, dedúcese que a marca do artigo definido plural tamén é Ø. Logo, estamos ante un sistema de artigos reducido, onde so temos un artigo indefinido como forma marcada que engade o pluralizador para construír a expresión indefinida plural: un ma.

Vexamos algúns exemplos no uso do artigo no palenquero de Palenque de San Basilio:

1Yamináunmakusa
 1sgPERFVER PRESunPLcousaahí
 «(Eu) vin unhas cousas alí»

A partícula pluralizadora ma-

Esta partícula pluralizadora considérase un pluralizador analítico e parece ter a súa orixe nas linguas bantús.

Toesemahendéémabesinomi
TodaesaPLxenteser PRESPLveciñoPOS 1ªsg
«Toda esa xente son os meus veciños»

Os investigadores pensan que o uso desta partícula está condicionado por aspectos pragmáticos, pois, nalgúns casos, o núcleo da frase nominal é un substantivo plural e, sen embargo, non aparece formalmente esta partícula pluralizadora. Polo tanto, o seu uso non ten carácter obrigatorio:

Kuagroriaora,esotadesoddeanao
CuadroplagoraesosPROGdesordeado
«Os cuadros , esos están desodeados»

Asimesmo, esta marca de plural -ma pode aparecer cos indefinidos. Nestes casos o demostrativos van precedidos desta partícula pluralizadora e a súa función é a de determinar o nome da frase nominal:

Ikomobotaabláesemapalabra
ecomo2sgPROGfalaresoPLpalabra
«E ti como estas a dicir esas palabras»
EntonsesutoákojéunmaKonejo
Logo1PLPERFcollerunPLcoello
«Logo nosoutros collemos algún coello»