Attach:mapa.jpg Δ

Na comunidade de San Basilio de Palenque (Colombia), situada a uns 60 kilómetros da coñecida Cartagena de Indias, fálase un dos máis antigos sistemas de comunicación de base afrohispánica: o crioulo palenquero. Este crioulo, recoñecido coma lingua oficial no territorio, non posee autoglotónimo, pois os propios falantes da comunidade identifícano como “lengua”, frente a lingua dominante na rexión que recoñecen como «kateyano». No obstante, débese sinalar que os investigadores adoptaron o heteroglotónimo derivado do xentilicio da rexión colombiana onde fálase o crioulo, logo, refírense ó crioulo como «palenquero». Este código lingüístico crioulo foi identificado como tal a finais dos anos 60, cando Bikerton e Escalante (1970) e Granda no 1968 percatáronse, por vez primeira, do interese lingüístico desta comunidade.

A orixe do palenquero hai que buscala séculos atrás, en concreto, no século XV, cando a importación de escravos do Congo e Angola increméntase considerablemente. Estes escravos cimarrones fuxiron do porto español de Cartagena de Indias en busca da liberdade perdida có réxime escravista e, refuxiáronse nos palenques da costa norte de Colombia. Así, o término palenque fai mención ó lugar afastado e de difícil acceso onde protexéronse os escravos africanos dos colonos. Estes escravos procedían de tribus étnicas e lingüísticas diferentes ―os lingüistas identificaron duas linguas bantús, kikóongo e kimbundu, coma as que poideron manexar os negros cimarrons dos séculos XVI e XVII― de ahí a necesidade de crear unha fala común, un instrumento de comunicación simplificado e intelixible para todos os integrantes do palenque. Desta forma orixínase un pidgin afrocaribeño ―na medida que as linguas africanas entran en contacto có español do Caribe colombiano― que pasa de xeración en xeración e, configúrase coma a “lingua” da comunidade de San Basilio de Palenque. Hoxe, a meirande parte dos investigadores coinciden en que o palenquero non é o resultado dunha evolución local, senon que, probablemente, é o resultado de contactos lingüísticos con raíces nun pidgin afroportugués traído a Cartagena polos escravos procedentes do litoral occidental de África.

Segundo a última enquisa feita no Programa de Protección á diversidade etnolingüística do Ministerio de Cultura de Colombia, o palenquero conta cun número cada vez máis reducido de falantes: un 18% da poboación de San Basilio de Palenque (cuantificada en 7.730 habitantes) fala e entende a “lengua”, mentres co 32,1% (2.481) xa non comprende nin fala palenquero. Asimesmo, hai que ter presente que a maior parte dos falantes da lingua da rexión colombiana sitúanse nunha franxa de idade comprendida entre os trinta e os sesenta anos (79,4%). O número de falantes vaise ver reducido drásticamente entre a xuventude, pois entre os 15- 29 anos a porcentaxe de falantes do crioulo diminue ó 18,8%. A ruptura da transmisión xeracional da “lengua” do Palenque preocupa a comunidade, en tanto que augura a extinción do crioulo máis antigo do Caribe.