Cualificación nominal
Para identificar as relacións de posesión ou pertenza, o palenquero utiliza dous procedementos:
O primeiro consiste na yuxtaposición do calificado e o calificador mediante na unión do modificador e modificado sin ningún nexo:
| Ma | parttía | Sipeanita |
| pl | partida | Ciprianita |
| «As da partida de Ciprianita» |
No obstante, tamén obsérvase que no crioulo de Palenque a relación de posesión pódese formar mediante unha partícula, a preposición diou ri entre o modificador e modificado. Esta marca léxica advírtese nos casos nos que o modificador é un adverbio temporal:
| 1. | Ma | mamá | ri | aora |
| | pl | mamá | de | ahora |
| | «Las mamás de ahora» |
| 2. | Ma | di | la |
| | Pl | de | allá |
| | «Las de allá» |
Posesión pronominal
No palenquero a posesión pronominal non segue as pautas da construcións posesivas típicas. Así, para a expresar a posesión pronominal na lingua do Palenque óptase por unha estratexia léxica, onde os determinantes posesivos fan referencia a persoa gramatical do posuidor. Estes posesivos, adxectivos e pronomes caracterízanse pola sua posición posnominal,mais tamén pola súa forma invariable en xénero e número.
| 1. | Es´ | e | sobrino | ele |
| | Ese | ser | sobriño | seu |
| | «Ese é o seu sobriño» |
| 2. | Eso | sendá | ma | kusa | ané |
| | Esa | ser | PL | cousas | súas |
| | «Esas son as súas cousas» |
No seguinte cadro reflíctese o sistema de adxetivos e pronomes posesivos do palenquero:
| SINGULAR |
| PRON | ADXECTIVOS POSESIVOS | PRONOMES POSESIVOS |
| YO | MI | RI MI «meu» |
| BO | SÍ | RI BO «teu» |
| UTÉ | UTÉ | RI UTÉ «su de ustede» |
| ELE | ELE | RI ELE «su de el» |
| PLURAL |
| PRONOMES | ADXECTIVOS POSESIVOS | PRONOMES POSESIVOS |
| SUTO | SUTO | RI SUTO «noso» |
| HENDE | HENDE | RI HENDE «voso» |
| UTERE | UTERE | RI UTERE «de ustedes» |
| ANÉ | ANE | RI ANE «su de eles» |
| ENÚ | ENU | RI ENU «seu» |
Calificación por cláusulas de relativo
| Chito | maí | lo | k´ | i | teneba |
| Pouco | millo | RELATIVO | 1sg | tener Pas |
| «O pouco millo que eu tiña» |