No crioulo falado en San Basilio de Palenque é posible recoñecer as función sintácticas de suxeito e obxecto das cláusulas transitivas (A-P), así como o suxeito das cláusulas intransitivas (S). A orde dos constituíntes das cláusulas e fixa, sempre SVO, é dicir, o suxeito antecede sempre o verbo e o obxecto sempre o segue.
O predicado na lingua de San Basilio de Palenque, que consta de dous elementos: unha partícula preverbal que sinala o tempo e o aspecto seguida dunha forma verbal invariable. Esta forma verbal invariable procede do infinitivo español coa consecuente perda do fonema vibrante final.
O suxeito
A función de suxeito é unha función obrigatoria tanto nas cláusulas transitivas como intransitivas. Así, na orde SVO o suxeito nominal é unha función preverbal, incluso nas oracións interrogativas:
| ¿bo | kelé | salí? |
| ti | querer | saír |
| s | pred |
| «¿ti queres saír?» |
O suxeito no palenquero non leva caso nin concorda co verbo en persoa, pero si en número, aínda que nos casos no que o suxeito é nominal a marca de número soe tamén omitirse: María a ta ablá /*María ele a ta abla. No palenquero existen pronomes que desempeñan a función de suxeito, que no singular, posúen diferentes variantes.
A función de suxeito nas cláusulas intransitivas:
| 1. | Mujé | mi | si | a | nasé | a | katajena |
| | muller | miña | si | PERF | nacer | en | Cartaxena |
| | s | | v | CO |
| | «A miña muller si naceu en Cartaxena» |
| 2. | Numanu | mi | a ta | trabajá | ayá |
| | irmán | meu | PROG | traballar | alá |
| | s | V | CO |
| | «Mi hermano está trabajando allá» |
| 3. | I | bae | ayá | agué | nu |
| | eu | ir | alá | hoxe | non |
| | S | V | CO | CO | neg |
| | «Eu non vou alá hoxe» |
| 4. | Ma | hende | asé | kandá | asina |
| | Pl | xente | HAB | cantar | así |
| | S | V | co |
| | «Nosotros cantamos así» |
Nas cláusulas transitivas o suxeito mantén as mesmas características que nas intransitivas: obligatoriedade, concordancia co plural e ausencia de marcas de caso.
| 5. | I | a | miná | un | ma | kusa | aí |
| | eu | PERF | ver | un | PL | cousa | alí |
| | S | V | O | CO |
| | «Eu vin unhas cousas alí» |
O obxecto
Na cláusula transitiva precedente verificase que no palenquero a función sintáctica de obxecto ven determinada pola orde de constituíntes, onde o obxecto segue sempre o verbo, pero non concorda con éste nin en persoa nin en número, tampouco leva caso.
| 6. | Ayá | i | a | semblá | un | ma | palo | koko |
| | alá | eu | PERF | prantar | un | Pl | pao | coco |
| | co | S | V | O |
| | «Alá prantei uns paos de coco» |
O obxecto tampouco leva caso, pero debe sinalarse que nos pronomes de primera persoa a forma do obxeto (mi) é diferente da do suxeito (yo/i), e na terceira persoa o forma de obxecto é lo
(invariable). Non hai distinción entre obxecto directo e indirecto [cf. Patiño Roselli p. 214]:
| 7. | i | a | abla | lo | i | miní | buka | trabajo |
| | eu | PERF | dicir | el(OBX) | eu | vir | buscar | traballo |
| | "eu dixenlle: veño buscar traballo" |
A maiores, os pronomes obxecto de primeira e segunda persoa poden levar un sufixo -ndo, de etimoloxía descoñecida:
| 8. | mina | kumo | ese | moná | ta | miná | bondo |
| | mira | como | ese | neno | PROG | mirar | ti-OBX |
| | "mira como te está mirando ese neno" |
O Complemento oblicuo
O crioulo do palenque para expresar circunstancias utiliza adverbios que tamén desempeñan as función típicas das preposicións. Esto significa que na lingua do Palenque non se distinguen os adverbios das preposicións.
| 1. | Ese | muhé | tené | un | kusa | aí | oho |
| | ese | muller | ter | un | cousa | aí/en | ollo |
| | S | Pred | O | CO |
| | Esa muller ten unha cousa no ollo |
Posesión e existencia
No palenquero para expresar a posesión das cousas ou as relacións familiares utilízase o verbo tené, derivado da forma do infinitivo español do verbo transitivo "tener" coa consecuente perda do fonema vibrante en posición final:
| 1. | Y | a | ten | sei | moná |
| | s | PROG | V | O |
| | Yo tengo seis hijos |
| 2. | Ele | a | tené | ndo | muhé |
| | S | PROG | V | O |
| | Él tiene dos mujeres |
Ese mesmo verbo atomámolo tamén en cláusulas que indican existencia:
| 2. | Akí | Palenge | suto | a | ten | baria | familia | riko |
| | aqui/en | Palenque | noso | PERF | ter/haber | varios | familia | rico |
| | No noso palenque hai varias familias ricas |
Atribución
Para as estruturas atributivas utilízanse as cópulas ta (< esp. estar), é (<esp. e, port é), era (< esp. era), fue (< esp. fue), e sendá (<esp. sentar):
| 1. | Es' | e | sobrino | ele |
| | ese | é | sobriño | del| |
| | S | Cop | ATRIB |
| | Ese é o seu sobriño |
| 2. | Eso | sendá | ma | kusa | ané |
| | eso | son | PL | cousa | deles |
| | S | Pred | ATRIB |
| | Esas son as súas cousas |