A orde básica das palabras no crioulo palenquero é suxeito (S) + verbo (V) + obxecto (O).
Nos seguintes exemplos, tomados do corpus de grabacions de Schwegler, trátase de reflectir a orde dos constituíntes do crioulo estudado:
| 1. | I | ta | yebá | planda | i | alo |
| | eu | PROG | levo | plátano | e | arroz |
| | S | V | O |
| | "Levo plátano e arroz" |
| 2. | Ané | asé-ba | miní | akí | Palenge |
| | Eles | HAB | vir | a | Palenque |
| | S | V | OBL |
| | "Eles adoitaban vir a Palenque" |
| 3. | I | a | ten | ambe |
| | eu | PROG | ter | fame |
| | S | V | O |
| | "Teño fame" |
Como é típico das linguas crioulas, no grupo nominal o núcleo precede o dependente:
| 4. | Ndo | muhé | guapo | a-ta | labá | ayá | loyo |
| | Dous | muller | guapo | PROG(están) | lavar | en | río |
| | "Dúas mulleres guapas están lavando roupa no río" |
No caso dos adxectivos posesivos advírtese tamén unha posición postnominal que os investigadores do palenquero relacionan coa descendencia africana dos habitantes do palenque. O igual que todos os adxectivos do palenquero, os posesivos son formas invariables en xénero e número:
| 5. | To | ese | ma | hende | e | ma | besino | mi |
| | todo | ese | PL | xente | ser | PL | veciño | meu |
| | "Toda esa xente son os meus veciños" |