O crioulo palenquero comparte a maior parte dos seus rasgos articulatorios coa variedade do español falada no Caribe, máis en concreto, coa variante costeña falada en Cartagena de Indias. No obstante, este código lingüístico ó proceder dun pingin afroportugués con marcadas influenzas das linguas bantús, kikoongo e kimbundu, adoptou certas peculiaridades fónicas destas linguas africanas, que o distancian da pronunciación hispanocaribeña.

O vocalismo

As investigacións levadas a cabo ata o momento certifican que, no plano do vocalismo, a “lengua” de San Basilio de Palenque, coma a coñecen os seus falantes, non presenta ningún trazo diferenciador dos da fala costeña colombiana. Sen embargo, aínda que o crioulo non preserva restos dos tonos fonolóxicos propios das linguas africanas, si pode observarse una nasalización progresiva das vogais e algúns casos illados de harmonía vocálica. Con todo, podemos supoñer que o sistema vocálico do palenquero adoita ser, a grandes rasgos, similar o do español caribeño:

vogal baixa central: [a] vogal media anterior: [e] Vogal alta anterior: [i] vogal alta posterior [u] vogal media posterior: [o]

O consonantismo

O contrario do que se pensou nun primeiro contacto con este código lingüístico, o sistema consonántico do palenquero difire, de maneira significativa, do sistema consoántico do español estándar. Así, moitos fenómenos fonéticos do palenquero teñen a súa orixe nas linguas africanas dos primeiros escravos refuxiados no Palenque. Germán de Granda é o investigador que mellor explicou os fenómenos fonéticos da fala diaria actual en San Basilio de Palenque.

O primeiro deles é a prenasalización das consoantes oclusivas sonoras inicias, /b/, /d/, /g/: NDOLÓ< dolor, NBOLLO< bollo, NGANDE< grande. Este rasgo, atendendo as explicacións de Granda, pode poñerse en relación coa existencia no palenquero de grupos consonánticos internos, nos que tamén se reflicte a sonorización das consoantes oclusivas sordas:

TIEMBO< tiempo SINDÍ< sentir [paleŋge] Palenque

Schwegler considera que estas prenasalizacións non se producen exclusivamente naqueles casos nos que a consoante inicial é unha oclusiva sonora, senón que, a prenasalización afecta tamén a outras consoantes iniciais como a oclusiva xorda /t/ e a fricativa alveolar /s/: ntre< tres, nsé< se. Hai que ter en conta que o conxunto de prenasalizacións das consoantes iniciais coinciden coas prenasalizacións características das linguas subsaharianas que tamén pertencen a familia Nixer-Congo.

Hoxe en día, debido á influencia do “kateyano” son xa máis frecuentes as articulacións sen consoante prenasal.

O segundo dos rasgos do palenquero coñécese co nome de lambdacismo e basease na idea de que o crioulo descoñece os fonemas vibrantes /r/ e /ȓ/ existentes no español de Colombia. Estes fonemas van ser sustituidos polo fonema líquido lateral /l/:

LOYO<arroyo NGALÁ< agarrar PELO< perro ALÓ< arroz

Este rasgo do Palenquero mantense como tal hoxe en día e é unha característica fonética que o crioulo comparte non só con outras linguas crioulas afroamericanas como o gullah e o saramakka, senón tamén co kikoongo e outras linguas do litoral africano occidental e central, que caracterízanse, precisamente, pola ausencia de oposición fonética entre as consoantes líquidas /l/ e /r/ e a ausencia do vibrante múltiple /ȓ/.

A sílaba

A estrutura da sílaba da “lengua” do Palenque está constituída só por una vogal que conforma o núcleo silábico e, una marxe prenuclear, que é una consoante: cv. É dicir, as voces do español que a lingua crioula adopta modifícanse en función desta estrutura silábica aberta. Germán de Granda identificou unha serie de procesos no palenquero que contribúen a adaptación das voces do español do Caribe a lingua de San Basilio de Palenque:

1. Paragoxe vocálica: consiste na adición dunha vogal o final da palabra co fin de manter a estrutura da sílaba consoante-vogal RIOSO < deus KIENE < quen

2. Supresión das consoantes postnucleares primeiro realizaranse como aspiradas e posteriormente tenderán a desaparecer. O caso máis frecuente é o da consoante fricativa alveolar xorda /s/.

3. Aféreses das vogais iniciais de palabra átonas: LOYO < arroyo HABÁ < acabar

4. Simplificación dos grupos consonánticos mediante a asimilación regresiva completa dunha consoante líquida que vai orixinar articulacións tensas e largas:

SEDDO [sé-ˆdo] < cerdo AGGO [á- ˆgo] < algo KABBO [ká-ˆbo] < calvo

As asimilacións entre consoante líquida e á consoante anterior son moi usuais na “lengua” do Palenque é dan lugar a unha consoante tensa: ADDE< arde, ÁBBOL <árbol. Schwegler (1996:160s) considera que estes cambios ―máis frecuentes no Palenque que noutras rexións negrohispanas― son a explicación máis plausible de toda unha serie de oposición fonéticas que non existen no español estándar, pero que no palenquero dan lugar a oposicións de significado segundo a consoante resultante da asimilación sexa oclusiva tensa ou fricativa laxa:

a. /káϐo/ vs. /káˆbo/= cavo vs. calvo

b. /séδo/ vs. /seˆdo/ = cedo vs. cerdo

c. /áγo/ vs. /aˆgo/ = hago vs. algo

A estrutura silábica do palenquero, cv, é a máis frecuente nas linguas de África, sen embargo, é unha característica que o palenquero non comparte con outras linguas crioulas atlánticas como o caboverdeano ou annobonés (Granda 1994: 405)