Dende un punto de vista morfolóxico, un dos aspectos máis salientables do palenquero é a invariabilidade dunha serie de construcións pronominais, nominais e verbais, que no español, si sofren cambios flexivos. Atendendo esta característica da lingua de San Basilio poderíase afirmar que tratase dunha lingua illante, na medida que a cada morfema correspóndese cunha palabra.

Ainda que os substantivos e adxectivos do palenquero son formas invariables, conservan e se fan produtivos tomando os sufixos e prefixos derivativos da morfoloxía do español: ngand-ísimos, muher-ón, pelot-era, machet-aso. Estes trazos derivativos poden despistar e levar a considerar a lingua palenquera coma unha lingua de carácter flexivo, consideración que, en certa medida, ven potenciada pola tendencia a poñer en primer plano a lingua de sustrato, o español.

Asimesmo, os adxectivos carecen de morfemas de xénero e de número.

De mesmo xeito, os verbos son invariables. A forma invariable é derivada do infinitivo español con perda da consoante vibrante final. As categorías verbais de tempo, aspecto e modo exprésanse no palenquero coa adición dun sistema de partículas preverbais ou marcadores, que anteceden a forma verbal.

Iatababendépeskao
EuPROGvenderpeixe
«Eu estaba vendendo peixe»